A A.V. de Teis, amosa súa oposición a cubrir a piscina da ETEA

 

ilcanallarubens_ETEA INSTALACIONS_2016

A asociación declara que estívose enganando a veciñanza ao longo destes anos.

A Asociación Veciñal de Teis, ven de amosar publicamente a súa oposición a decisión de cubrir a piscina da ETEA, pois supón para parroquia e a para cidade perder unha instalación deportiva.

Esta Asociación, sempre defendeu a recuperación de todas as instalacións deportivas que funcionaban cando estaban os militares. Que as diferentes administracións, permitiron que se deterioran, incluído obviamente o Concello de Vigo.

Que foi de todos os anuncios e promesas de Abel Caballero, de abrir todas as instalacións deportivas incluída a piscina, ao longo destes nove anos como Alcalde e incluso cando aínda era un candidato. Incluso hai acordos do pleno municipal aprobados polo grupo de goberno, que unha vez máis fican en papel mollado, engade a asosación.

A asociacón ven a expoñer que non só se falou por parte de Abel Caballero de recuperar a piscina, incluso se chegou a falar de converter a piscina nun “ centro de auga salgada “ ( Faro de Vigo 10/05/2012) .

Ao longo destes anos por parte de Abel Caballero, estívose enganando a veciñanza, con falsas promesas, di a asociación.

Segundo ven decindo a asociación que non é un problema de gasto da piscina, é un problema de capacidade de xestión. Cando se negociou co Consorcio de Zona Franca, un acordo para recuperar as instalacións deportivas e o Concello de Vigo só conseguiu 850.000 euros, cantidade que daquela nós xa a asociacion veciñal denunciou que era insuficiente para recuperar todas as instalacións deportivas.

A asociación din que non é lóxico que incluso se chegou a investir diñeiro na piscina e agora fale de eliminarse. A piscina, pode ter diferentes usos como por exemplo natación sincronizada, waterpolo, ou impartir cursos de natación. O que ten que existir é vontade política.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_piscina ETEA_historial por anos_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: