CIG-SAÚDE denunciaba hai 10 días que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro estaba sendo enviado a POVISA para a súa esterilización, segundo o SERGAS como medida temporal para permitir a posta en marcha da nova central de esterilización.

ilcanallarubens_Material Estirilizacion Hospital Álvaro Cunqueiro_Vigo_2016

Os problemas co material e a súa esterilización son constantes desde a posta en marcha do Novo Hospital e da reestruturación da actividade cirúrxica. O feito de que aínda hoxe esteamos poñendo en marcha a nova central de esterilización e tomando medidas “temporais” para solucionar os problemas, 6 meses despois, indica a incapacidade da Xerencia da EOXI de Vigo para xestionar con eficiencia e seguridade a nosa sanidade pública.

Mandar o material a esterilizar a POVISA tampouco serviu para garantir que ese material chegara aos quirófanos do H. Álvaro Cunqueiro en condicións de seguridade para realizar as intervencións, polo que continúan as suspensións e retrasos nas intervencións, coa conseguinte repercusión nas listas de espera.

En 6 meses esta Xerencia non foi quén de facer un correcto diagnóstico das causas que xeraban os problemas, polo que os tratamentos aplicados non están a funcionar.

Desde a CIG insisten en que é lamentable que tendo unha central de esterilización pública, acreditada e con profesionais competentes, nos vexamos, desde que se iniciou o traslado ao Novo hospital, con continuos problemas co material, que ocasionan reiteradas suspensións de intervencións cirúrxicas.

Se a Xerencia escoitara aos profesionais, que facían posible o funcionamento con altos estándares de calidade da antiga central de esterilización, no canto de presionalos e facelos traballar en condicións imposibles, sería máis doado facer un diagnóstico correcto e aplicar as medidas correctoras necesarias, engade a CIG.

Non parece tolerable que sigamos permitindo que un aspecto básico na seguridade dos pacientes siga sen funcionar, di o sindicato. So a responsabilidade das e dos profesionais está garantindo esa seguridade, co incremento de tensión que se produce antes de cada intervención coa lotería de se a caixa de material virá en condicións de ser usada ou non.

A Confederación Intersindical Galega di que non poden agardar por máis “solucións temporais” nin cambios da organización para ver se funcionan. Esiximos da Xerencia unha avaliación seria e competente da situación e que se tomen as medidas necesarias para solucionala, aínda que iso signifique ter que modificar decisións xa tomadas e cambiar o lugar do lavado e esterilización do material para facelo o máis próximo en tempo e lugar a onde se produce, engaden.

Anuncios

Una respuesta a “CIG-SAÚDE denunciaba hai 10 días que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro estaba sendo enviado a POVISA para a súa esterilización, segundo o SERGAS como medida temporal para permitir a posta en marcha da nova central de esterilización.

  1. Pingback:Xunta de Persoal do Chuvi e SOS Meixoeiro chaman a participar na marcha de hoxe contra o desmantelamento do hospital | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: