Os terapeutas e as terapeutas mostran a súa importancia na Sanidade Pública na Porta do Sol

Ilcanallarubens_terapeutasVigo_2016

A Plataforma de Terapeutas de Vigo está formada por fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais. Esta plataforma xorde pola necesidade de defender as terapias desenvolvidas por esteas colectivos, como medio de mellora da saúde da cidadanía permitindo que poida recuperar os niveis de saúde óptimos no menor tempo posible.

Onte a plataforma ofreceu valoracións gratuítas do estado físico dos cidadáns para demostrar a importancia do seu labor e a necesidade de reforzar o seu persoal no Sergas. A xornada foi de 10:30h a 20h na que cerca dun milleiro de persoas achegáronse onte á zona de Porta do Sol para coñecer as súas demandas. Destas, un centenar animouse a ser valorado polos os fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais. Aproximadamente, un 50% dos valorados por fisioterapeutas acudiron por algunha patoloxía a nivel de columna. Outra patoloxía que foi abordada durante as súas valoracións foi a nivel de xeonllo. En ambos os casos, son patoloxías que poden ser consultadas nas Unidades de Fisioterapia de Atención Primaria. Para acceder a elas, o médico de atención primaria pode derivar á unidade de referencia correspondente. Respecto ao labor dos logopedas e terapeutas ocupacionais, deuse a coñecer tanto as súas funcións como o xeito de acceder a estes recursos, cuestión descoñecida por case todos os cidadáns que nos consultaron.

Non houbo incidentes durante a xornada. Os obxectivos de facer chegar á cidadanía a nosa problemática, as nosas funcións, o modo de acceso a estes profesionais dentro da Sanidade Pública, cumpríronse.

Denunciarán así “a nula incorporación de prazas” de fisioterapeuta na oferta de emprego público programada polo Sergas para este 2016. Acusan, así mesmo, “a incapacidade do sistema público para asumir a crecente demanda de Fisioterapia existente por parte da poboación”. Reprochan que desde 2009 o Sergas unicamente convocou 11 prazas de fisioterapeutas para todo Galicia. Unha situación que cualifican de “improcedente e que provoca que a poboación vexa como día a día empeora a súa asistencia e continúan sufrindo listas de espera”, explican.

Na sanidade pública tamén hai fisioterapia. Hai moita xente que non o sabe. Un cidadán pode ir ao médico de cabeceira e que o derive a un fisioterapeuta. Hai fisioterapeutas en atención primaria e no hospital. Pero denuncian que non dan abasto. En atención primaria, por exemplo hai nove para toda a cidade de Vigo, con que tocan unha media de 34.000 tarxetas por cada un. En toda a área sanitaria, que abarco aos municipios de sur da provincia, son 25, así que saen 23.000 persoas, de media.

Isto provoca, de entrada, dous fenómenos: « as citas preferentes teñen unha lista de espera dun mes e medio, máis ou menos» estima a plataforma «En canto aos casos ordinarios, non os asumimos, mandámolos directamente a un centro concertado»,Denuncian que «hai un terzo dos recomendados e sostén que isto obriga a derivar 250 pacientes ao mes a clínicas concertadas».

Ademais dos fisioterapeutas de atención primaria, en Vigo hai outros 44 nos hospitais. Tamén hai tres terapeutas ocupacionais e catro logopedas. Sobre estes, a plataforma explica que cando teñen que atender de forma urxente a un paciente que está ingresado, teñen que deixar de ver a outro paciente que estaba citado para consultas e, por tanto, reprogramar a cita para outro día. «Estímase que ata un 30% dos pacientes ingresados teñen problemas ao tragar», advirten. Cren que os logopedas poderían axudar aí.

O Sergas suma todos e di que hai «80 fisioterapeutas». Asegura que é unha cifra «axeitada» para as necesidades de Vigo.

As reivindicacións da plataforma son:

  • Unha Oferta Pública de Emprego xusta, que garanta o 100% de reposcion das vacantes e dote con persoal suficiente os servizos.
  • Polo desenvolvemento das terapias dentro da carteira de servizos a Sanidade Pública para atinxir a mellora dos e das pacientes.
  • Dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para ofrecer tratamentos de calidade.
  • A desaparición dos conceros privados apostando pola Sanidade Publica.
  • Ofrecer saidas profesionais aos e as terapeutas en formación.

Rubens Rocha

Ilcanallarubens_terapeutasVigo_02_2016 Ilcanallarubens_terapeutasVigo_03_2016 Ilcanallarubens_terapeutasVigo_04_2016 Ilcanallarubens_terapeutasVigo_05_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: