A A.V. de Teis solicita xuntanzas co delegado da Xunta e co Alcalde de Vigo para falar da ETEA

ilcanallarubens_ETEA INSTALACIONS_2016

A Asociación Veciñal de Teis, solicitou por escrito nos últimos días, xuntanzas con Ignacio López Chaves, Delegado da Xunta de Galiza en Vigo e con Abel Caballero, Alcalde de Vigo, para tratar sobre a situación de abandono dos terreos da ETEA.

No caso do delegado da Xunta, queren solicitarlle unha vez máis a necesidade de garantir o mantemento do parque público (limpeza, parque infantil, espazos verdes) construído pola Xunta en 2013, a colocación duns aseos públicos nos terreos e a cesión do parque público ao Concello de Vigo.

Ao Alcalde de Vigo, queren trasladarlle unha vez máis a necesidade de garantir o mantemento da piscina que agora quer cubrir, logo de que se permitira o deterioro desta instalación que funcionaba cos militares, de inverter diñeiro público na mesma e de promesas e anuncios incumpridos. Ademais queren que o Concello realice a limpeza e mantemento do parque público e do paseo marítimo, este último construído polo Concello de Vigo no 2011, paseo que carece dunha simple papeleira.

A Asociación continúa coa campaña de recollida de sinaturas na parroquia de Teis, tamén teñen previsto convocar unha concentración o mércores 29 de xuño ás 20:00 horas, diante da entrada principal dos terreos da ETEA.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_Etea teis piscina_2016_Vigo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: