Vigo e veciños volveron sair na defensa do Hospital do Meixoeiro e da sanidade pública

ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_2016_Vigo

A sanidade viguesa non se dá por vencida seguen mais unidos que nunca e seguirán cara a adiante na defensa da sanidade publica

Centos de miles de persoas onte déronse concentración na entrada principal para despois marchar pola contorna do Hospital Meixoeiro contra o seu desmantelamento, a marcha arrincaba pasadas as 20 horas baixo un clima de bochorno, durante a marcha escoitaronse canticos coma “Xerente atende a sanidade non se vende” “Non non a privatizacion” “a privatización e corrupción”  “Queremos un hospital non unha sucursal”  “antes de votar pensa no hospital”.

Logo da marcha os convocantes, SOS Meixoeiro e a Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, deron as boas tardes a todas e a todos e grazas por estar aí, diante da entrada as antigas urxencias do Meixoeiro, que é un símbolo do que está a pasar coa nosa sanidade pública, desmantelamento e privatización.

No manifesto lido na explanada da antiga entrada a urxencias do Meixoeiro lembraron o “Acordo Básico pola Saúde na Área Sanitaria de Vigo” do ano 2006 xa se apostaba por facer un Novo Hospital para a área sanitaria de Vigo que rematara coa fragmentación da Atención Especializada e se potenciara a Atención Primaria, nun novo deseño da área sanitaria que permitira incrementar os recursos e a utilización integrada dos existentes.

Nese deseño inicial, se reservaba para o H. do Meixoeiro un papel de especial importancia como hospital especializado en Oncoloxía, para tirar partido da tecnoloxía xa alí instalada, e tamén actividade relacionada coa Cirurxía Programada (Maior Ambulatoria e con Ingreso), traumatoloxía, xeriatría, coidados paliativos e medicina interna, mantendo 422 camas activas.

O Novo Hospital, segundo a Consellería, tería 1.465 camas, que engadidas ás 422 do Meixoeiro e as 117 do Nicolás Peña farían un total de 2.004 camas no conxunto do CHUVI.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou, o 5 de febreiro de 2009, as condicións da licitación das obras do Novo Hospital de Vigo e como consecuencia se asinou o Convenio Específico entre o Sergas e a Sociedade Pública de Investimentos, no que se establecía unha provisión inicial de fondos de 300 millóns de euros para o Novo Hospital de Vigo. O custe final da construción sería de 374.371.630 € con IVE incluído.

A licitación non se chegou a realizar, pese ás demandas da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo, por que o Partido Popular gañou as eleccións ao Parlamento de Galicia de xaneiro do 2009.

Tras constituírse o novo goberno da Xunta, e xa coa desculpa da crise económica, comezaron a tomar medidas que mudarían de xeito dramático os plans de actuación para a nosa área sanitaria.

A primeira delas a supresión do Plan de Mellora da Atención Primaria, no que se enmarcaba un importante investimento en recursos humanos e materiais para a área de Vigo.

A segunda o cambio de modelo do Novo Hospital de Vigo, abandonando o Convenio Especifico coa Sociedade Pública de Investimentos e apostando pola colaboración “público privada” é dicir pola súa privatización!.

O Sergas modificou o plan funcional e financeiro inicial e licitou a construción do Novo Hospital en Beade, e a prestación dos servizos “non clínicos” tanto no Novo Hospital como no do Meixoeiro e Nicolás Peña.

Como consecuencia do modelo de licitación, o Novo Hospital é privado e está no balance contable da Sociedade Concesionaria como un activo financeiro, por importe de 232.000.132,58 €, que é o valor estimado dos custes de construción.  A Sociedade Concesionaria o arrendará ao Sergas mediante un canon durante 20 anos que nos custará 1.414.067.091 € IVE incluído.

A realidade da área sanitaria é ben distinta da prevista inicialmente, o Novo Hospital abre con 845 camas, no Meixoeiro redúcense a 347 e o Nicolás Peña a 68, polo que disporemos 1.260 camas, é dicir 744 camas menos das prometidas e anunciadas.

O CHUVI deixou de ser centro de referencia para a Área Norte de Pontevedra en importantes servizos: Oncoloxía Radioterápica, Cirurxía Torácica, Neurocirurxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía pediátrica, cardioloxía intervencionista (unidades de hemodinámica) e Cirurxía Cardíaca. A referencia destes servizos para a Área Norte de Pontevedra están agora no Complexo Hospitalario de Santiago. POVISA mantén o concerto con poboación asignada e continúa a ser a referencia de Cirurxía Maxilofacial, Nervio Periférico e Queimados.

O Novo Hospital non ten Laboratorio Central que se substitúe por un laboratorio de resposta rápida. O laboratorio Central trasládase ao Meixoeiro onde non hai espazo nin medios para albergar un Laboratorio destas características, co que é preciso facer obras que retrasan a súa posta en marcha e o fragmenta en diferentes plantas.

O Novo Hospital tampouco ten Central de Esterilización, nin sequera deixaron un espazo para poder facer o lavado e preparación das caixas de material para ser logo esterilizadas, e hoxe estamos a ver as consecuencias, para as traballadoras e para os pacientes.

Recórtanse drasticamente as Área de Urxencias e Atención a Pacientes Críticos (malia a conxestión que periodicamente afecta a este servizo): A superficie redúcese un 25,5% e as 72 camas de observación previstas redúcense a 32.

Elimináronse do proxecto inicial compoñentes importantes que privan ao Novo Hospital do seu carácter estratéxico que o equiparaban aos Hospitais do Norte de Galicia (A Coruña e Santiago): Módulo de Docencia e Investigación, módulo de Rehabilitación, Hotel de Pacientes, 160 camas de Coidados Mínimos-Intermedios.

Suprímense tamén os dous Centros de Alta Resolución previstos no Plan Funcional, un no anexo I do edificio do Hospital Xeral e outro no Morrazo. E nestes días estamos a reclamar que se manteña o uso sanitario dos dous anexos do H. Xeral, de perder o anexo I  perderíamos a posibilidade de situar alí o Centro de Alta Resolución da cidade de Vigo.

O Hospital do Meixoeiro non está a xogar o papel que tiña previsto no plan funcional inicial e a aparente falta de criterio da Xerencia está a sementar moitas dúbidas sobre o seu futuro.

A súa situación actual é intolerable, coa metade das camas pechadas e co persoal movéndose, polo Meixoeiro e o Cunqueiro, cubrindo baixas, vacacións ou acúmulos, mentres se derivan pacientes á sanidade privada.

A solución aos problemas da nosa área sanitaria pasan por recuperar o Hospital Álvaro Cunqueiro para ao Sistema Sanitario Público e retomar o proxecto de Hospital Estratéxico para a área Sur de Galicia, que devolva ao CHUVI os Servizos de Referencia trasladadas ao Complexo Hospitalario de Santiago e as especialidades que se manteñen no hospital privado POVISA, e que se recupere a capacidade do CHUVI de atender ao 100% da cidadanía co restablecemento das camas previstas no proxecto inicial.

E neste novo deseño o Hospital do Meixoeiro debe manter o seu funcionamento como hospital xeral programado para diferentes especialidades, aínda que sen porta de urxencias, recuperando as camas e os recursos recortados.

Para facer posible o proxecto estratéxico de reforzar o tratamento e a investigación en Oncoloxía, deberiamos potenciar a actividade oncolóxica no Meixoeiro, aproveitando e axustando a dotación tecnolóxica específica xa dispoñible para atender estas patoloxías, convertendo ao CHUVI en referencia Oncolóxica para o sur de Galicia.

Tamén temos que situar no Meixoeiro todos os recursos de Cirurxía Programada (Maior Ambulatoria e con Ingreso) da área, aproveitado os seus quirófanos e as camas cirúrxicas (axustándoas segundo necesidades), e para que isto sexa posible é necesario abrir unha Unidade de Coidados Críticos, a pleno rendemento, en todas as quendas e cos RR.HH. e materiais suficientes e adecuados para garantir a seguridade dos pacientes.

Para a completa utilización do H. do Meixoeiro temos que establecer criterios de ingreso para pacientes de traumatoloxía, xeriatría, medicina interna, rehabilitación, reumatoloxía, endocrinoloxía, oftalmoloxía e outros, así como consolidar a Unidade de Coidados Paliativos (co 100% das camas situadas en habitacións individuais), co obxectivo de manter 422 camas activas. Esta especialización determina a necesidade de manter unidades de diagnóstico por imaxe e laboratorio.

Solicitan a plena utilización do Hospital do Meixoeiro e vital para o futuro da sanidade pública da nosa Área sanitaria.

O Meixoeiro tamén existe! Así berraron unha vez e outra vez e así tamén rezaba a faixa da marcha, a plataforma SOS Meixoeiro e a Xunta de Persoal levan 23 días defendendo ao Meixoeiro defendendo á Sanidade Pública hoxe en perigo de extinción na cidade de Vigo.

A protesta finalizou coa posta dunhas cruces no xardín dereito da entrada ás antigas urxencias, en mostra de que o hospital esta morto polas políticas privatizadoras do Partido Popular.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_00_2016_Vigo ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_01_2016_Vigo ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_02_2016_Vigo ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_03_2016_Vigo ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_04_2016_Vigo ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_05_2016_Vigo ilcanallarubens_marcha e sepelio Hospital do Meixoeiro_06_2016_Vigo

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: