Alexandra Fernández: “Imos darlle a volta ás políticas da Troika para saír da crise e recuperar os nosos dereitos”

ilcanallarubens_acto en marea_vigo_2016

En Marea encheu de xente e aplausos a explanada da Estación Marítima de Vigo no seu acto central desta tarde no penúltimo día de campaña electoral.

Alexandra Fernández, a cabeza de lista de En Marea por Pontevedra e veciña de Vigo, comezou facendo referencia á dura realidade coa que temos que convivir cada día “con casas sen xente e xente sen casa, con problemas para chegar a fin de mes aínda que sexa principio de mes”. “Pero hoxe vivimos unha ilusión colectiva porque sabemos que a saída da crise ten que ser colectiva. En Vigo demos exemplo o 20D que podemos gañar ao Partido Popular, e imos facelo de novo. Imos darlle a volta ás políticas da Troika para saír da crise e recuperar os nosos dereitos. Cando nos reunimos con colectivos vemos silencio por todas partes convertendo o noso territorio nun deserto verde. Vemos o silencio do metal e da nosa frota pesqueira, o silencio de quen baixa a persiana dos pequenos comercios, como se silencia o noso idioma e a nosa capacidade mesma da palabra. E temos que cruzar a fronteira do medo. Porque o fixemos, construimos as mareas e temos voz propia que imos defender no Congreso tecendo alianzas. Se o PSOE non deixa claro cal é o seu proxecto antes do 26X os seus votantes só teñen a alternativa de votar En Marea, un proxecto de futuro que botará a Feijóo da Xunta. Vigo seguirá sendo o faro do corredor atlántico do cambio, dando exemplo de dignidade e de loita, que somos unha cidade rebelde que nunca nos imos resignar. Xogámonos moito, moita forza e Hai Marea!”

Carolina Bescansa comezou dedicando palabras de loubanza a Xosé Manuel Beiras “pola súa forza e o seu corazón”. “Voulle dedicar a miña intervención a todos os corruptos de Galicia e de España, a Feijóo e ao Partido Popular, porque dentro de tres días van marchar. A xente ten dereito a recuperar a democracia directa e revogar os mandatos. Hai unha idea quero noso programa:  a crise económica e a corrupción política son dúas caras dunha mesma moeda. E para iso hai que botalos das institucións.A corrupción política custa 48.000 millóns de euros ó ano, 5 veces os recortes que fixeron en Sanidade e Educación. Son un roubo en camas de hospital, en pupitres das escolas, en maestras, son un roubo que non podemos permitir”. Para Carolina Bescansa “só con investimento público conseguiremos crear emprego e de aí en adiante recuperar todos os dereitos”. E virán os do PP e os seus cuñados a dicir que o que hai que facer é unha reforma laboral”. Bescansa rematou cunha referencia ás enquisas e chanceou co “carómetro, que consiste en ir observando a cara que se lles vai poñendo cando chega o día das eleccións. Estamos a nada de gañalas, de sacar os mafiosos das institucións, de crear un futuro para o noso país e crecemento económico”. “E as tertulias que importan non son as que están na televisión, senón as que están nas cociñas das casas, nas paradas do bus, nas tabernas do país… Tedes que preparar esas tertulias domésticas e gañalas, porque para o cambio non sobra ningúen e non lle imos preguntar á xente que votou antes, senón se quere botar os chourizos para as súas casas.”

Xosé Manuel Beiras, que espertou mulitude de aplausos ó longo de toda a súa intervención. Arrancou a súa  intervención lendo un anaco da Campana de Anllóns de Pondal e lembreime polas cacharelas. “Levamos 5 séculos imaxinando que podemos ser nós mesmos, gobernados por nós mesmos, donos de nós mesmos, soberanos en irmandade cos demáis pobos non só da península senón de todo Europa e do mundo enteiro porque nos sempre practicamos a solidariedade, cos saharauis, cos palestinos, cos kurdos, pobos orixinarios de américa latina, coa república bolivariana de Venezuela que converteu en cidadáns aos ‘nadies’ de Galeano” destacou Beiras. “Esas cacharelas son a antítese da inquisición. Os que están agora no poder son os equivalentes a inquisición, e os astrónomos e físicos prenewtorianos, e nós somos Galileo, vós sodes Galileo. Temos a razón fronte a bomba e a imposición do poder como poder. Somos a ilustración, o século das luces no século XXI, e a razón sempre trunfa, pode tardar máis ou menos pero sempre trunfa. Temos as armas da democracia da República, o entedemento, o pensar por libre, a capacidade de raciocinio, ter fidelidade uns a outros, fraternidade. Esa é a forza de En Marea” exclamou Xosé Manuel Beiras.

“Fun convidado por Izquierda Unida para facer un man a man con Anguita, e estabamos completamente de acordo en que unicamente a recuperación da democracia pode sacar á cidadanía dese pantano no que nos fundiron” salientou. “Nós somos a razón, hai os dous partidos dinásticos que un son os astrónomos pregalileo e a física prenewtoniana e o outro o PP evidentemente os da inquisición e non nos queiman porque non poden pero os imos escorrentar coma aos ratos”. “A Marea do vindeiro domingo é indispensable para o mudar todo. Lembro o que se dicía no maio francés e tamén no marzo compostelano coa revelión do estudiantado, compre reclamarmos o imposible porque só imposible aquilo que un non ousa intentar acadar, e nos imos intentar acadar o que consideran imposible, o goberno do pobo polo pobo, a democracia e a República e acabar dunha vez por todas coa peste da segunda restauración bubónica que non borbónica e para iso temos a En Marea” concluíu.

A número 2 por Pontevedra, Ángela Rodríguez, pola súa banda centrou o seu discurso en sinalar que estamos ante unha campaña histórica e o din polas rúas cando nos din, “desta vai”. E un momento no que decidiremos se o noso país da un paso cara adiante ou para atrás. Ser quen de facer un país para á maioría social ou para aquela minoría que nos asfixia. Destacou a diferenza entre “o país que defenden algúns das grandes empresas, de Reganosa, de Ence e o país dos pequenos autónomos que pechan os seus negocios por non poder saír adiante esa grande parte do 99 por cento que temos que rescatar o 26 de xuño”. “Hai un país da Lomce, da xestión privada da sanidade pública, e sen embargo hai un pais no que se remunicipalizan as bibliotecas como na Coruña, no que se poden facer rendas sociais como na Coruña ou Santiago, iso estámolo facendo xa. En vez de rescatar bancos, rescataramos ás personas, en lugar de Picachus e Pokemon, en vez de Marcial Dorado tiveramos Ada Colau, ese é o país do que estamos a falar hoxe aquí. Ese país é posible e sodes conscientes, e eles teñen medo. Están a facer unha campaña de desodorante pero non hai quen tape o cheiro a mafia, a corrupción” afirmou a candidata de En Marea. “O 26 de xuño van marchar para as súas casas porque non poden facer nada xa, porque somos miles e miles. Así que a eles lles dicimos que queimen os papeis porque estamos chegando” advertiu.

A seguinte en falar foi a viceportavoz de AGE, Eva Solla, que asegurou que o vindeiro domingo En Marea sumarase a o cambio que se vai dar en todo o Estado. “Intentaron meternos medo para que as urnas non evidenciaran a ruptura con ese réxime corrupto, esa ruptura que xa se está a dar pero non hai volta atrás. Quitáronnos tanto que quitaron ata o medo, pero cada minuto que continúa Fernández Díaz no seu posto, é un minuto no que nos están a insultar á cidadanía, que Rita Barberá manteña a súa impunidade é un atentado á democracia. Cada día cada semana que Feijoo sigue apoiando ao señor Baltar imputado por presunto acoso sexual e tráfico de influencias, e ao xerente do hospital privatizado de Vigo imputado polos retrasos nos medicamentos contar á hepatite c é un cravo no cadaleito político do señor Feijóo. Claro que vai haber Marea no outono para gañar para todos e todas vós a Xunta de Galicia”. “Fóra a Lei mordaza, fóra o artigo 315 do Código penal que fai que teñamos máis de 300 sindicalista encausados por defender os nosos dereitos, temos memoria histórica. Queremos un país no que enfermar non sexa un privilexio, queremos sanidade pública e queremos dar as grazas as compañeiras e compañeiros que resisten 23 días despois como espartanas nun hospital pechadas no Meixoeiro para defender sanidade para todas vós” continúo Eva Solla. No seu discurso fixo mención especial as mulleres destacando a diferenza salarial do 20 por cento entre homes e mulleres, rexeitando un país no que cada 8 horas violan a unha muller, un Estado no que teñamos que soportar máis de 800 asasinadas nos últimos 15 anos, e “para iso tamén queremos a En Marea”.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, arrancou facendo referencia as declaracións dos que din que En Marea é o caos “pero non se decatan de que durante este anos para a maioría social o caos foron eles, incumpriron sistematicamente o seu programa, queren falar de fiscalidade pero a única que entenden é a dos amigos, que levan as bandeiriñas nas pulseiras pero logo levan os cartos da maoiría social a paraísos fiscais en Panamá e Suiza, que introduciron o negocio privado nos servizos sociais, que puxeron durante anos e anos”. Noriega denunciou a destrución da sanidade, da soberanía “dos que non exerceron de representantes do público senon de mandados de mandados de mandados dos poderes que non pasan por urnas, ou xefaturas de Estado que non entenden o que ten que ser unha construción europea en base á solidariedade entre homes e mulleres, queren falar de todo iso pero non deixan de ser esa carga que levaba ese mozo ás súas costas.É por iso que debemos reivindicar como propio este proceso que naceu aquí. Querennos desmemoriados coma se non importase o acontecido nestes anos, pero estamos ateigados de lembranzas e de dignidade e de sorriso e as veces tamén de cabreo e de carraxe, e temos unha opción programática competente baseada na xente do común, nun novo contrato social que respecta á diversidades, non queremos lectura única, grises, aburridos, e querémonos así esta policromía de homes e mulleres” afirmou Martiña Noriega. A balanza ten que decantarse cara a esperanza, a cara á maioría, non chega pasar ao PSOE temos que disputar a lista máis votada ao PP fora tentacións de grande coalición, condicionar a nova etapa co mandato do pobo” concluíu o alcalde de Santiago.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, asegurou que o domingo vai ser a festa da democracia, “estamos ante o fin do bipartidismo, este sistema feito a medida das oligarquías que están sempre defendendo os seus intereses e non queren que nada cambie”. “Por fin imos rematar con este réxime do 78 que está tocado e afundido” destacou.  Aquí en Galicia xa demos un golpe no taboleiro, aquí xa sabemos en multitude de municipios o que é gañar ao PP, pero non queremos gañar so aquí, senón tamén en todo Estado.“Sabemos que levaron millóns dos nosos cartos a Andorra, Panamá e Suiza e fronte iso nós daremos transparencia e boa xestión. Tamén sabemos quen roubou a casas, tamén como desmantelaron o naval, e nos devolveremos a forza que sempre tiveron. Tamén como destrozaron as caixas de aforro e permitiron os abusos aos preferentistas, e venderon as nosas caixas a un banco de Venezuela, pero despois Venezuela somos nós. Imos rescatar as persoas e os seus dereitos non so a banca. Imos rescatar a educación, a sanidade… Nesta noite máxica de San Xoan: Lume para queimar o vello e auga con herbas para limpar as feridas de todos estes anos, porque o domingo lles diremos que o medo cambio de bando, e ante o seu medo o noso sorriso.”

O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, arrancou o acto agradecendo a grande asistencia de persoas “porque En Marea é xa un referente que queremos construír entre todos e todas”. Na súa intervención destacou a importancia da campaña feita por En Marea que “puxo enriba da mesa un discurso programático de en pouco tempo de patear todos os recunchos de Galicia, ter reunións co todos os sectores produtivos agredidos e plataformas para poñer enriba da mesa un programa alternativo que vai ser un programa de goberno”. “Como concelleiro desta cidade por primeira vez sinto que non estamos solos os concelleiros das Mareas, que agora si hai moita xente que permitirá cambiar a lexislación estatal que impide remunicipalizar os servizos, para evitar que as Koplowitz xestionen os servizos públicos da nosa cidade, e que agora si poderemos dicir que imos reverter ao público todo o que foi privatizado” rematou.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: