Termina o peche no Meixoeiro despois de 23 días defendendo a Sanidade Publica

 

20160612_202348

No día de onte a plataforma SOS Meixoeiro realizou unha asemblea despois da marcha do mércores, a asemblea empezou ás 4 da tarde no salón de actos do complexo hospitalario. Despois dun longo debate onde se analizaron os proles e os contras de continuar ou non co peche que estaban a levar a cabo e unha vez escoitadas as distintas posturas decidiron case por unanimidade dar unha tregua ao mesmo, 23 días dun peche con claras reivindicacións que aquí neste medio puideron seguir día a día, a suspensión do peche é temporal, cren que o esforzo realizado por unha banda importante dos distintos colectivos profesionais (con excepción dos médicos) foi impresionante o cal os levaron a un desgaste que podería provocar unha imaxe de debilidade que non se correspondería en absoluto coa realidade.

En todo caso esta clausura do peche non supón que todo o esforzo que realizaron quede aí, nin moito menos, a súa intención é seguir e con máis forza. Na mesma asemblea tamén decidiron que o vindeiro luns 27 realizaran unha nova reunión coa Xunta de Persoal para fixar un calendario de mobilizacións e accións a seguir durante os meses de Xullo e Agosto para unha vez en Setembro retomar con máis intensidade e experiencia as accións que consesuadamente decidan co obxectivo de alcanzar o que tanto desexan:

Un Hospital Meixoeiro que recupere todo o protagonismo perdido todo iso nun contexto de Sanidade Pública universal, gratuíta e de calidade.

SOS Meixoeiro quere transmitir que: Foi un verdadeiro pracer compartir estes días de peche con persoas tan implicadas como vós, estamos convencidos que plantamos unha semente que deica pouco dará os seus froitos, a nosa intención é tentar que cada día que pase cada vez sexamos máis, a unión é fundamental nesta loita, sen ela non temos nada que facer, é por tanto un labor de todos tratar de convencer aos nosos compañeiros que o esforzo merecerá a pena e que ninguén nos vai a traer nada a casa sen ningún esforzo, animalos a que participen, sen excepcións: fixos, contratados, usuarios.

Desde SOS Hospital do Meixoeiro, lembran que SOS Meixoeiro somos todos e todas.

Rubens Rocha

13495283_285887998431395_6408369714134415346_n13501940_297271827288115_8282400756190693367_n

 

Anuncios

Una respuesta a “Termina o peche no Meixoeiro despois de 23 días defendendo a Sanidade Publica

  1. Pingback:SOS Meixoeiro e Xunta de Persoal do Chuvi convoca aos vigueses e viguesas a unha nova acción para mañá. | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: