SOS Sanidade Pública fara un acto o xoves 30 ás 20 horas na praza da vila (constitución), badaladas prevención do suicidio

ilcanallarubens_praza da vila (praza da constitucion)_vigo_2016

ilcanallarubens_cartaz Badalada-Vigo_2016A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo – SOS Sanidade Pública propoñen aos grupos Municipais do  Concello de Vigo a creación dun Consello Municipal de Saúde que permita a organizacións representativas da poboación e dos traballadores sanitarios participar e implicarse nas políticas e decisións municipais que teñan que ver cos principais determinantes da saúde. A plataforma SOS realizara un acto o xoves 30 ás 8 da tarde na praza da constitución, badaladas prevención do suicidio.

Consideran que a planificación das políticas e actividades municipais relacionadas coa saúde da poboación e do medio ambiente deberían basearse na identificación dos principais problemas e necesidades tanto do conxunto da cidadanía como dos grupos de risco como os nenos, as mulleres, persoas maiores, excluídos sociais, etc., para o que é preciso contar co seu concurso e opinión. Por outra banda a posta en práctica de programas e actuacións eficientes e eficaces precisa en moitas ocasións da colaboración e apoio activo dos grupos e colectivos sociais a quen van dirixidas.

Aínda que os Concellos non teñen competencias directas na prestación se servizos asistenciais si as teñen en medio ambiente, augas, calidade do aire, recollida e tratamento do lixo, vixilancia alimentaria, riscos viarios, transporte público, alimentación, vivenda, espazos para centros sanitarios e recursos asistenciais, educación e información de saúde á poboación, promoción do exercicio físico, recursos para actividades deportivas, actuacións sobre colectivos en risco social, etc.

Neste senso a Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local establece:

  • artigo 25.2 as competencias nas seguintes materias relacionadas co medio ambiente e a sanidade.
  1. f)  protección do medio ambiente.
  2. h) protección da salubridade pública.

Participación na xestión da atención primaria en saúde.

  1. l)  subministro de auga, servizos de limpeza viaria, de recollida e tratamento de residuos, sumidoiros e tratamento de augas residuais.
  • artigo 26.1 establece os servizos mínimos en función da poboación establecendo que os municipios de máis de 50.000 habitantes, ademais prestarán o Servizo de Protección do Medio Ambiente.
  • artigo 28 establece que os municipios poden realizar actividades complementarias das propias doutras administracións públicas e en particular as relativas á protección do medio ambiente.

A creación do Consello Municipal de Saúde no Concello de Vigo, estaría facilitado por unha poboación moi sensibilizada e implicada cos problemas sanitarios que afectan á cidade, como mostran as grandes mobilizacións en defensa da mellora da sanidade pública e contra a súa privatización.

Desde SOS Sanidade Pública consideran que a cidadanía en xeral, debería ter a oportunidade de decidir sobre aqueles asuntos que lle afectan no día a día como é a saúde, o que precisa da existencia de instrumentos para poder presentar as súas propostas, as súas inquedanzas ou as súas denuncias. No Consello Municipal de Saúde poderían participar os distintos colectivos sociais coa alcaldía e grupos municipais. Un consello de participación social permitiría transmitir ao Concello de Vigo ademais das súas necesidades e problemas, as opinións e denuncias dos diferentes colectivos, e darlle a oportunidade de coñecer e pronunciarse sobre a asignación dos recursos relacionados coa saúde e coñecer como se gastan os cartos dos seus impostos.

Por todo isto desde a Plataforma SOS Sanidade Pública propoñen aos diferentes grupos políticos do Concello de Vigo a aprobación do seguinte acordo:

1º.- Que o Concello de Vigo comece os trámites precisos para crear un Consello Municipal de Saude

2º.- A creación dunha Comisión que elabore un Regulamento que permita e ordene dita participación

Rubens Rocha

Anuncios

2 Respuestas a “SOS Sanidade Pública fara un acto o xoves 30 ás 20 horas na praza da vila (constitución), badaladas prevención do suicidio

  1. Pingback:O Movemento Galego da Saúde Mental e SOS Sanidade pediron o xoves un plan galego de prevención do suicidio | Rubens Rocha

  2. Pingback:O Movemento Galego da Saúde Mental e SOS Sanidade pediron o xoves un plan galego de prevención do suicidio | Noticias de Vigo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: