A A.V. de Teis convoca unha concentración na ETEA para mañá mércores 29 Xuño as 20h

ilcanallarubens_entrada ETEA_Vigo_2016

ilcanallarubens_CartazConcentracionTeis_Vigo_2016A Asociación Veciñal de Teis, logo da decisión do goberno municipal de cubrir a piscina da ETEA, tomou a decisión de convocar unha concentración mañá mércores 29 de xuño ás 20:00 horas, na entrada principal destes terreos. Baixo as reivindicacións, non ao abandono da ETEA, polo mantemento da piscina, pola recuperación de todas as instalacións deportivas e polo mantemento do parque e do paseo.

A Xunta de Galiza, solicitámoslle que garanta o mantemento do parque público (limpeza, parque infantil, espazos verdes) construído pola Xunta en 2013, a colocación duns aseos públicos nos terreos e a cesión do parque público ao Concello de Vigo.

Ao Concello de Vigo, lle solicitan que se garanta o mantemento da piscina que agora quer cubrir. Ademais queren que o Concello realice a limpeza e mantemento do parque público e do paseo marítimo, este último construído polo Concello de Vigo no 2011, paseo que carece dunha simple papeleira.

É unha barbaridade e un despropósito que se queira eliminar unha instalación deportiva, que estivo funcionando durante anos, di a asociación veciñal, permitiuse o seu deterioro e logo de realizar un investimento público, agora quere eliminarse, engaden. Así mesmo, lle solicitan publicamente ao goberno municipal a paralización inmediata do proceso de adxudicación das obras para cubrir a piscina.

Na campaña de recollida de sinaturas contra o abandono na ETEA, nestes intres logo de tres semanas teñen xa recollidas máis de 2.000 sinaturas. A campaña continuará aínda ao longo das vindeiras semanas.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: