Alarma en Cangas por dous incendios forestais | Lembra #SeVesLume085

ilcanallarubens_incendio cangas do morrazo_vigo_2016

Os lumes afectan a Monte Castelo e ao antigo vertedoiro de Varalonga e están activos desde as 14.15 horas

Vinte homes traballan desde as 14.15 horas para extinguir o lume forestal en dous focos distintos do municipio de Cangas. Un está en Monte Castelo, preto da estrada, e outro no monte de Valalonga, un antigo vertedoiro agora inexistente.

Ao lugar acudiron dotacións dos bombeiros do Morrazo, de Protección Civil e das brigadas forestais da Xunta. O aviso deuse ás 14.15 horas e durante máis dunha hora os efectivos estiveron a botar auga en ambos os focos. A situación dos incendios está fóra das zonas habitadas e ningunha vivenda corre perigo de ser afectada. Non obstante unha gran nube de fume visible desde toda a ría cobre o municipio de Cangas.

O primeiro incendio, na parroquia de Aldán, está activo desde as 14.17 horas e obrigou á Consellería de Medio Rural a mobilizar un axente, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

O segundo lume, na parroquia de Darbo, comezou ás 14.26 horas. Medio Rural mobilizou a un axente, dúas brigadas e dúas motobombas.

Tres horas despois seguían activos. A Xunta aínda descoñece a extensión de superficie queimada.

A fumareda xerou a alarma entre os veciños de Vigo que, desde o outro lado da ría, vían unha gran columna de fume branco ascender desde O Morrazo.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: