Dende hoxe quedan prohibidas as queimas | E lembra #SeVesLume085

ilcanallarubens_prevencion contra os lumes_Galiza_2016

A época de perigo alto de incendios forestais comeza hoxe e prolongarase ata o 30 de setembro.

  • Esta medida faise efectiva de acordo co establecido pola normativa sobre prevención e defensa contra os lumes forestais en Galiza.
  • Tamén a partir de mañá quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galiza.

Comeza a época de perigo alto de incendios forestais, que se prolonga ata o 30 de setembro. Este período establécese a través dunha Orde da Consellería do Medio Rural publicada o pasado 13 de xuño no Diario Oficial de Galiza (DOG) e faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galiza.

Esta norma determina que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galiza.

Polo tanto, quedan tamén prohibidas dende hoxe as queimas de restos agrícolas e forestais en Galiza. Os permisos xa concedidos -e non executados- quedan en suspenso, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_barbacoa_2016_Vigo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: