O Movemento Galego da Saúde Mental e SOS Sanidade pediron o xoves un plan galego de prevención do suicidio

ilcanallarubens_Badaladas pola prevención do suicidio_Vigo_2016

Denunciaron na Praza da Vila (Constitucion) nunha pequena concentración que empezou as 20h que no noso país morre por esta causa unha persoa cada día, realidade que se agravou coa crise a causa da desprotección social.

O Movemento Galego da Saúde Mental e a plataforma SOS Sanidade Pública reclamaron onte un plan galego de prevención do suicidio mediante a celebración de actos simbólicos en distintas localidades de Galiza. Os colectivos lembran que no noso país unha persoa morre por esta causa cada día, realidade que se agravou dende a crise económica “porque as políticas do Goberno central e da Xunta desprotexeron a sectores sociais vulnerábeis”.

Os colectivos lembran que en Galiza morre por suicidio unha persoa cada día, realidade que se agravou dende o comezo da crise, alcanzando no ano 2014 o seu teito con 394 mortes por esta causa.

Denunciaron que as políticas desenvolvidas polo Goberno central e pola Xunta fronte á crise desprotexeron a sectores sociais vulnerables, incrementando o risco de suicidio na sociedade.

“Desas políticas cómpre destacar como especialmente importantes a carencia de políticas activas de emprego e un elevadísimo paro prolongado; a redución da protección social; o deterioro da sanidade pública, e en particular o debilitamento da Atención Primaria; e a tolerancia gobernamental coa banca e a súa agresividade respecto ao cobro dos préstamos hipotecarios, coa conseguinte vaga de desafiuzamentos”, enumeran.

Con todo, lembran que o noso país padeceu dende sempre elevadas taxas de suicidio. “Sofre un grave problema de saúde pública tal como o define a Organización Mundial da Saúde (OMS). Só agora, cando este estado de cousas se ve agravado pola crise nos decatamos de que convivimos impasibles cunha realidade intolerable”. Neste senso, critican que os gobernos non só non fixeron nada contra isto, senón que mesmo negaron as cifras das propias institucións oficiais, “chegando no caso da Xunta do PP a rexeitar no Parlamento galego nesta lexislatura (até en tres ocasións) iniciativas realizadas pola oposición propoñendo elaborar o plan de prevención”.

Segundo explican, as recomendación da OMS comezan por afirmar que o suicidio pode previrse eficazmente e rematan por presentar o obxectivo de reducir en cada país nun 10% para o ano 2020 o número de mortes por esta causa. Ao tempo, chama aos Gobernos a liderar e a desenvolver plans de prevención do suicidio.

“Sobre esta base, o Movemento Galego da Saúde Mental, respostando a ese mandato e cumprindo co noso compromiso fundacional, iniciamos o pasado 3 de maio a campaña ‘Badaladas pola prevención do suicidio‘, coa finalidade de sensibilizar á sociedade fronte a esta cuestión, e para reclamar o cumprimento das obrigas que os nosos gobernantes teñen coa protección da saúde e da vida da poboación”. Por iso esixen que con urxencia a elaboración dun Plan Galego de Saúde Mental e a creación dunha comisión técnica “capaz e crible” que teña carácter multisectorial.

Rubens Rocha
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: