Vigo xa dispón do seu programa de festas do verán

Foto Atlántico Diario.

FB_IMG_1465334584418Abel Caballero presentou  xunto a concelleira de festas e turismo Ana Laura as festas do verán 2016, unhas festas que as categorizaron como para todas as idades e para todos os gustos. Vigo en Festas 2016 chega cun programa cargado de concertos, actividades infantís, cultura urbana ou festas gastronómicas do 8 de xullo ao 20 de agoso, segundo no acto da presentación realizado no Concello de Vigo Abel Ramón Caballero dixo que son “as mellores festas que se fixeron nunca”.

Nesta ocasión os grandes protagonistas do verán serán Antonio Orozco e Auryn, que actuarán no auditorio de Castrelos o 20 e o 23 de xullo, respecivamene, mentres que a cantante Malú chegará ao Ifevi o 5 de agosto.

O auditorio ao aire libre de Castrelos tamén será o escenario ao que se suban Antrax e a banda viguesa Aphonnic o 19 de xullo; Jaime Urrutia, Pablo Carbonell, Coti, Javier Gurruchaga, Nacho Campillo, Nacho Vega e Alejo Stivel coa Noite Movida o 22 de xullo; e a Coral Casabranca o 30 de xullo.

Dentro dos espectáculos de animación infantil chega a música de Furious Monkey House (26 de xullo) e de Magical 2 (27 de xullo).

Máis concertos.

Este verán  chega a Vigo cargado de concertos. O 21 de xullo no Arenal, estará a Xira de Verán 2016 de Cadea 100; do 22 de xullo ao 26 de agosto no Paseo de Alfonso o Festival Reggae de Vigo; o 30 de xullo en Samil o Midnight Water Colour Festival, con varios Djs; o 5 de agosto no Ifevi Malú; ou o 20 de agosto en a Pórta do Sol a Orixinal Blues Brothers Band.

Ademais, o Festival Illas Cíes estará no Audiorio Mar de Vigo desde o 9 ao 25 de xullo; o Festival Folclórico Internacional percorrerá os barrios de Vigo xunto coas bandas de música; haberá animación infanil por barrios, o Festival Plis Plas, Marisquiño, Vigo Street Stunts Body Extreme, Vikul, Música de Cinema coas Bandas, Festa da Cultura, Noite Branca, as festas gastronómicas da Sardiña, Polbo e Mexillón, o Festival Poético Piromusical de Bouzas ou a quinta edición do Vicus Spacorum.

Descarga aquí toda a programación do verán

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: