Xa hai data para a manifestación contra o abandono da ETEA

ilcanallarubens_CartazTeisEtea_manifestacion07_Vigo_2016

A.V. de Teis ven de convocar no día de onte a manifestación para o xoves 7 de Xullo ás 20:00 horas tal como adiantavamos esta semana.

A Asociación Veciñal de Teis, na maña de onte instalou unha nova mesa de recollida de sinaturas na Travesía de Vigo a altura do Centro Comercial Travesía, na actualidade a  asociación leva recollidas xa 2500 sinaturas, contra o abandono da ETEA e esixindo das administracións Concello de Vigo e Xunta de Galiza, que actúen nestes terreos de imediatamente.

A Asociación, tamén acordou esta mañá a continuar coas mobilizacións comezadas esta semana cunha concentración na ETEA e pasou a informar a este medio que faran unha manifestación tal como adiantamos, esa manifestación terá lugar para o vindeiro xoves 7 de xullo ás 20:00 horas, desde a encrucillada dos Caños até a entrada principal da ETEA

A asociación como os veciños esperan que a cidadanía secunde a manifestación xa que non se pode consentir que un espazo fermoso se atope nas circunstancias nas que esta, este espazo leva moitisimos anos deixado das mans das institucións, mentres que a asociación mandou numerosos escritos os cales non foron respostos.

Este medio fixo preguntas polo barrio de Teis onde os veciños e veciñas din que: os vigueses e viguesas deberían de acudir a manifestación xa que o espazo da ETEA é de todas e que todos deberían esixir que este en boas condicions, non é unha boa imaxe para a cidade para as persoas que veñen visitarnos desde fóra, a ETEA poderia lucir ben fermosa e ser un enclave para presumir.

Con esta nova mobilización reivindicaran a apertura da piscina, o mantemento do parque e do paseo, a colocación de papeleiras, instalacións duns aseos públicos e a limpeza da vexetación dos terreos entre outras tantas cousas máis.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: