A Plataforma SOS sanidade Pública de Vigo denuncia que queren destinar o Anexo 1 e a torre do Xeral para a Cidade da Xustiza

ilcanallarubens_hospital xeral cies_2016_Vigo

Ante o feito de que o SERGAS pretende destinar á Cidade da Xustiza de Vigo a Torre do edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo xunto co Anexo I do mesmo, dende a Plataforma SOS sanidade Pública de Vigo queren denunciar.

A plataforma SOS Sanidade pública de Vigo din que a superficie da Torre do edificio, de 36.717 metros cadrados, é máis que suficiente para cubrir as necesidades da Cidade da Xustiza, xa que excede en 10.000 m2 aos edificios actuais dos xulgados, polo que non precisa utilizar os anexos da torre. A Xunta de Galicia quere converter un dos dous anexos nun aparcamento o que exixiría demoler todo o construído e en perfectas condicións de uso. Esta decisión supoñería un derroche de recursos sanitarios intolerable, tendo en conta a falta de equipamento sanitario que padece o Área sanitaria.

Sen embargo existe espazo mais que suficiente na zona aledaña ao antigo hospital para un aparcamento. Así entre as Ruas Vazquez Varela e Padre Feijóo hai un espazo baldeiro de contido,  que era utilizado ata agora para carga e descarga do material de desfeito do antigo Xeral. Ademais seria posible ampliar este espazo  expropiando os terreos de dos vivendas abandonadas (do mesmo propietario) nas que se acumula lixo, hai trafico de drogas e lumes (unha das casas foi queimada dúas veces), o que contribúe a degradación do barrio, situación denunciada reiteradamente polos veciños e comerciantes.

A plataforma considera que a atención sanitaria do área de Vigo precisa dedicar a uso sanitario os Anexos I (12,672 m2) e II (8,022 m2), para situar neles servizos moi necesarios para Vigo como un Servizo de Urxencias Extrahospitalario; un Centro de Alta Resolución; un servizo de Cirurxía Minimamente Invasora (mantendo o Bloque Cirúrxico existente); un Bloque de Consultas Externas e Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais (necesarios para reducir as listas de espera); un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; manter o Servizo de Rehabilitación; o Centro de Orientación Familiar; e unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia.

Por todo elo esixen a Xunta de Galicia manter o uso sanitario destes anexos, especialmente tralos recortes introducidos no Novo Hospital pola Concesionaria, os peches de dispositivos no Hospital Meixueiro, Hospital Municipal e os centros de Coia e a Dobrada, e o abandono do Plan de Recursos Integrais por la actual Consellería de Sanidade, que ademais de  contribuír ao deterioro sanitario, afastan á poboación dos servizo asistenciais.

Tamén esixen non devolver os Anexos a Seguridade Social para destinalos a Cidade da Xusticia que non os necesita para nada.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: