Os enfermeiros e enfermeiras calculan que o Meixoeiro pechará 200 camas este verán

ilcanallarubens_hospital meixoeiro_2016_Vigo

Satse cualifica de «moi grave» que só queden operativas 168.

O sindicato de enfermería Satse denunciou hoxe que o hospital Meixoeiro de Vigo pechará este verán unhas 200 camas do total de 348 de que dispón, o que incrementará as listas de espera e beneficiará aos centros privados pola derivación de pacientes.

Nun comunicado, Satse considera «moi grave» que o Meixoeiro, un centro público, se vaia a quedar con 168 camas operativas cando funciona «ao 50 % da súa actividade durante todo o ano».

Incide en que este «non é o camiño adecuado» para mellorar a actividade asistencial no Complexo hospitalario de Vigo «e menos no Meixoeiro», pois interpreta esta medida como un paso máis cara ao seu «desmantelamento máis absoluto».

Satse critica ademais a utilización de profesionais como «meros peóns dunha partida de xadrez» ao cambialos de servizos e modificarlles a súa carteleira anual.

Adicionalmente, indica que terán a necesidade de «adaptarse da noite para a mañá» a un novo servizo no que non sempre teñen experiencia, o que acabará repercutindo na calidade asistencial.

O xerente do Complexo hospitalario universitario de Vigo, Félix Rubial, sinalou o pasado venres queexiste unha «visión trasnoitada» sobre a importancia das camas hospitalarias e como combater as listas de espera, e incidiu na importancia crecente da cirurxía ambulatoria.

Rubial dixo tamén respecto da denunciada infrautilización do Meixoeiro que «as cifras din o contrario», xa que neste hospital se concentran dous terzos da actividade cirúrxica da área sanitaria viguesa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: