Vigo a cidade dos 60.000€ en 5 vasoira de platinio de adorno publicitario.

ilcanallarubens_abel e a sua escoba_2016_Vigo

Os medios de comunicación afíns ao concello e á cor do poder do mesmo hai unhas semanas poñían nas súas páxinas principais titulares como; “VIGO A CIDADE MAIS LIMPA DE ESPAÑA” “O CONCELLO DE VIGO SUMA A SÚA QUINTA VASOIRA DE PLATNINO”.

Nas súas columnas viñan dicir que o concello de vigo recibía a quinta vasoira por quinto ano consecutivo, vasoira que entrega a Asosación Técnica para a Xestión de Residuos e medio Ambiente (ATEGRUS).

Uns premios que recoñecen ás cidades máis “limpas” de España e que son un recoñecemento a municipios, mancomunidades, cabidos, empresas, enxeñerías e consultorias, mais destacados na xestión de residuos e limpeza urbana así o publicitan.

Dicían os medios que un ano máis Vigo e xa van cinco, volveuse a coar entre as cidades máis limpas de España. A mesma vasoira de Platino tamén a recibiron os concellos de Teulada, Campello, Tres Cantos, Lorca, Melilla, Ceuta, Baracaldo, Donosti, Santander, Bilbao e A Coruña. Ademais, repartíronse outras seis escobas de ouro e dez escobas de prata.

No caso de Vigo neste 2016 dicían os medios que o xurado tivo moi en conta a retirada dos colectores de vidro do Casco Vello, dotando aos hostaleiros de colectores de pequena capacidade que son recolleitos por un vehículo especial en horario establecido. Facilitando desta forma o Concello a reciclaxe de vidro ao sector.

O alcalde se mostro moi satisfeito deste novo recoñecemento á cidade no seu programa de Localia Vigo “Vigo de Cerca” do 30 de Xuño dicía textualmente:

Si, la verdad es una gran satisfacción poderlas enseñar, las escobas de platino es el reconocimiento a la ciudad más limpia que puede haber que se da en España, es un trofeo que se da cada dos años, y que desde que soy alcalde 2008-2010-2012-2014-2016 cinco escobas de platino, yo quiero que la ciudad las vea, es un merito de todos, Vigo es la ciudad más limpia del mundo, valla, y bueno estamos muy pero muy satisfechos, las tenemos en el ayuntamiento de exposición, las tenemos en la entrada como ustedes saben.

Es la satisfacción de una ciudad tan limpia, enseñar las escobas es facilísmo, pero ganarlas es imposible, ganarlas es dificilísimo, porque esto lo ven los que dan el premio y hablan con gente, ellos están aquí tres días, a lo igual que estamos tres días a lo mejor nos lo ponen todo muy pero muy limpito, pero hablan con la gente, le preguntan, hay encuestas que se hacen para ver lo que opina la gente, en Vigo tenemos una satisfacción de que es una ciudad muy limpia muy limpia.

Y además debo decirlo muy limpia en el centro y en el rural, muy limpia en todas las partes. Esto es un merito de todos, es un merito de los que tiran todo en las papeleras, es un merito para los que pagan sus impuestos para tenrla limpia, es un merito de sus trabajadores y trabajadoras.

O alcalde mostrouse moi satisfeito deste novo recoñecemento á cidade e espera que as vasoiras de platino sigan enchendo as vitrinas do concello vigués tal como leeron anteriormente.

Todo o dito é moi bonito pero a cidadanía o que non sabe e descoñece que dito galardón ten unhas bases ben claras, as bases do premio deixan moi claro que, para poder optar ao trofeo, hai que pasar por caixa. A fórmula de pago é a través dunha exposición, que se celebra no recinto feiral de Madrid. Os concellos que queiran optar á vasoira de marras, han de ter un estand nesta mostra, pagando á asociación convocante uns honorarios que roldan os 12.000 euros no 2012, descoñozco os do 2014/16 xa que non tiven acceso a elo. As bases dino: para participar, hai que abonar «a correspondente cota de inscrición e facerse cargo dos gastos relativos á súa participación na exposición».

Ou sexa que todo o dito no seu programa de Localia é mentira como tamén o dito pola prensa afín a Abel Ramón Caballero e ao seu goberno.

Cabe sinalar o caso peculiar de Ceuta no que os socialistas de ali no 2008 recoñeceron que pagaron polo galardón, galardón que lles custou moito xa que debido a o seu pago tiveron dificultades económicas no concello.

Así que as cinco vasoiras de Platino custounos aos vigueses 60.000 euros das arcas públicas uns 9.980.160 das antigas pesetas obviamente se mantiveran o custo de 12.000 ata o 2016. E todo recorda a eses premios á Calidade e a Excelencia que pagan algunhas empresas para lucilos como reclamos publicitarios. Dicir que o concello da Coruña no 2012 xa dispoñía de cinco destas escobas. E un claro exemplo dun localismo rancio que tenta aparentar ao mundo dunha apariencia a cal non existe.

Rubens Rocha

Fontes: Google, ATEGRU, AbelPedia, LocaliaVigo.

Anuncios

3 Respuestas a “Vigo a cidade dos 60.000€ en 5 vasoira de platinio de adorno publicitario.

  1. Pingback:Vigo por un lado e Navia por outro | O abandono sen respostas | Rubens Rocha

  2. Pingback:Vigo por un lado e Navia por outro | O lixo adorna as medianeras e xardins | Rubens Rocha

  3. Pingback:Vigo por un lado e Navia por outro | O lixo adorna as medianeras e os Xardins (matorrais) | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: