As reservas de sangue están en niveis baixos

ilcanallarubens_autobus centro de transfusions de galiza_o calvario_vigo_2016

O Centro de Transfusión de Galiza, recentemente integrado na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón, moi especialmente, aos grupos sanguíneos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio do CTG.

Neste momento do ano resulta preciso incrementar o volume de doazóns, xa que, aínda que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos se sitúan en 500 doazóns diarias, esta cifra adoita aumentar.

UN ACTO SINXELO

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828. Tamén está dispoñibe a web: ctg.sergas.es.

 Rubens Rocha
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: