SOS Sanidade e Xunta de Persoal do Chuvi convoca aos vigueses e viguesas a unha nova acción para mañá.

ilcanallarubens_SOS Meixoeiro e Xunta de Persoal do Chuvi_vigo_2016ilcanallarubens_SOS Meixoeiro e Xunta de Persoal do Chuvi cartaz concentracion_2016_VigoA plataforma SOS Sanidade e a Xunta de Persoal do Chuvi convocan aos vigueses e viguesas a unha nova concentración de protesta que terá lugar ante o hospital do Meixoeiro para o día de mañá xoves, día 7 de Xullo, ás 12:00h. Esta é a primeira das mobilizacións tras levantar o peche que os profesionais e as profesionais realizaron o mes pasado, peche de 23 días. Todos os convocantes aseguran que a apertura, hai agora un ano, do Hospital Álvaro Cunqueiro, esta, coa súa política de privatización, segundo eles, repercutindo nos demais hospitais de Vigo “estase a desmantelar o Hospital do Meixoeiro, a pesar dá propaganda do xerente e do conselleiro”, aseguran mentres lles piden que se deixen de discursos “e de promesas incumpridas” para que habiliten todas as camas do Meixoeiro, abran a unidade de críticos e eviten a derivación de pacientes á sanidade privada, ademais do consabido plan de choque para rebaixar as listas de espera na cidade.

A seguinte mobilización, convocada para o xoves 14 ás 12.00 horas, terá como escenario a porta de consultas externas do hospital Álvaro Cunqueiro, co obxectivo de reclamar o seu rescate para a sanidade pública. A continuación desenvolversanse novas protestas o xoves 21 (na antiga entrada de Urxencias do hospital Xeral ás 20.00 horas) e o 28 (na sede do Sergas na rúa García Barbón ás 12.00 horas).

Unha vez rematado o calendario reivindicativo, xunta de persoal e SOS Sanidade avaliarán a posibilidade de repetir o ciclo de mobilizacións no mes de agosto para seguir a reclamar tamén a apertura de todas as camas de hospitalización e un plan de choque para reducir as listas de espera, ademais de rexeitar calquera derivación á sanidade privada.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: