Xosé Manuel Beiras saúda o paso adiante dos alcaldes rebeldes

ilcanallarubens_xose manuel beiras_Vigo_2015

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, quere saudar o importante paso adiante dado onte polos alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol; Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez, ao abeiro dun manifesto conxunto que aposta, como vén facendo Anova dende 2012, pola unidade popular como camiño para derrocar as nefastas políticas do Partido Popular en Galiza.

Para Xosé Manuel Beiras, que espera que o dito manifesto amoree ao seu redor a tódolos axentes necesarios para encetar o asalto da cidadanía do común a San Caetano, “é moi de salientar que sexan precisamente as mareas quen asuman desta volta o papel protagónico que cómpre que desenvolvan. Son, sen dúbida algunha, o mellor indicativo de que a cidadanía deixou por fin o papel de súbdita dun sistema aberrante para tomar a iniciativa e camiñar cara a súa mudanza radical”. Nese camiño, afirma Beiras, “as mareas que fomos construíndo entre todos e todas terannos sempre ao seu carón”.

De feito, o protagonismo que cobran os alcaldes das mareas variou o esquema que se produciu para as eleccións xerais do 20 de decembro cando, entón, foron os rexedores, que accederan aos respectivos bastóns de mando recentemente, os que pediron aos partidos políticos que se puxesen de acordo para lograr unha candidatura de unidade que dese continuidade á confluencia iniciada nas municipais.

Esta demanda desembocou no chamado manifesto de Mazarelos, onde Podemos Galicia, entón con Breogán Riobóo á fronte, Anova e Esquerda Unida comprometéronse coa unidade política para as xerais, conseguindo atraer o apoio de Encontro Cidadá por unha Marea Galega e, despois o respaldo das mareas municipais (aínda que Marea Atlántica non se incorporou á coordinadora).

APOSTA POLA UNIDADE POPULAR DENDE 2012

No mesmo comunicado, Anova, que este martes reuniu á súa Comisión Permanente para preparar a reunión da Coordinadora Nacional -que se reúne este sábado por primeira vez despois das eleccións do 26 de xuño- incide en que o manifesto dos alcaldes “aposta como vén facendo Anova dende 2012, pola unidade popular como camiño para derrocar as nefastas políticas do Partido Popular en Galicia”.

De feito, o primeiro ensaio da confluencia tivo lugar en 2012 cando Anova e Esquerda Unida (os principais parrulos da unidade de partidos), xunto cos Ecosocialistas e Equo, uníronse en Alternativa Galega de Esquerda (AGE), coalición electoral que irrompeu no Parlamento autonómico con nove deputados como terceira forza política e superando ao BNG no hemiciclo galego (que en xaneiro dese ano vivira a asemblea de Amio, tras a que se produciron as principais escisións da formación nacionalista, entre elas, a dos irmandiños de Xosé Manuel Beiras).

Precisamente, os ecosocialistas e Equo, que se uniron nunha cooperativa política Espazo-Equo, valoraron a declaración dos alcaldes das mareas, se ben demanda primarias abertas para as candidaturas. Así, o equipo de coordinación da cooperativa ecoloxista apuntou que “estará atento” á convocatoria aberta anunciada para as próximas semanas e, mentres, anima a participar no encontro de Mareas en común deste sábado en A Estrada.

Rubens Rocha

Anuncios

Una respuesta a “Xosé Manuel Beiras saúda o paso adiante dos alcaldes rebeldes

  1. Pingback:Anova reuniuse no día de onte para ratificar o manifesto dos alcaldes rebeldes | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: