Vigo saíu á rúa para dicir que Venezuela respéctase no seu 205 anos da firma da Acta da Independencia

ilcanallarubens_venezuela respectase concentracion_vigo_2016

O martes pasado día 5 ás oito da tarde arrincaba un acto en solidariedade con Venezuela, na data na que foi declarada a súa independencia, na que dita data pasaría a ser celebrado en Venezuela o seu día nacional. Este acto en mostra de solidariedade ben na celebración do 205 anos da Firma do Acta da Independencia de Venezuela.

En Venezuela conmemoraba os 205 anos da Firma do Acta da Independencia de Venezuela e o Día nacional de Venezuela, o Consulado da República Bolivariana de Venezuela en Vigo agradeceu aos presentes na concentración, en nome do seu Goberno Bolivariano e o pobo venezolano.

Elisa Nery Hernández a agregada consular deu as grazas polas mostras de solidariedade do pobo de Vigo, de Galiza, dos colectivos e os partidos políticos e os alí presentes. Elisa esixiu que a súa patria Venezuela sexa respectada, neste acto tamén esixiron a partidos e á o goberno español cesar co seus ataques indiscriminados contra a nación venezolana. O lema VENEZUELA RESPÉCTASE, lema co propósito de unirse ao pobo venezolano para celebrar esta data tan emblemática que significou a ruptura desta Patria co imperio colonial español que por máis de tres séculos subxugou aos seus pobos e acabou coas súas razas orixinarias.

O manifesto foi lido por Alfonso Martínez da Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez, en representación dos grupos concentrados, leu unha declaración conxunta.

A Declaración

Nós, colectivos de solidariedade internacional, sindicatos, organizacións e partidos políticos, reunidos na cidade de Vigo, Proclaman.

O rexeitamento a agresión neoliberal, a través dunha xeopolítica do medo, que ameaza en termos políticos, económicos e sociais á irmá República Bolivariana de Venezuela en particular e a outras nacións soberanas da Nosa América como foi o caso de Honduras, Paraguay e recentemente Brasil.

Denunciamos a agresión imperial dos EEUU de América e os seus cómplices, desenvolvida en forma ininterrompida, contra Venezuela:

A guerra económica sen cuartel, por medio do acaparamento, desabastecimento, sobreprezos e bloqueo financiero entre outros.

A instigación a violencia extrema no interior que só no 2014 deixou 43 mortos, centos de feridos e cuantiosos danos materiais ao patrimonio público e que na actualidade céntrase no asasinato selectivo, con especial saña, de líderes sociais e políticos chavistas. Solidarizámonos co Comité de Vítimas da Guarimba e do Golpe continuado e repudiamos as actitudes de desprezo e intentos de invisibilización das súas xustas demandas que practican gobernos como o actual interino do PP e certos persoeiros da dereita e socialdemocracia española.

O ataque político e mediático sen precedentes contra o lexítimo goberno de Venezuela e o seu presidente Nicolás Maduro Moros, tanto no plano interno como externo. Neste contexto, enmárcase a obsesiva insistencia da Asemblea Nacional, en mans dunha dereita cavernícola, na súa demanda de impunidade para os responsables da violencia criminal, ao abeiro dunha mal chamada “Ley de Amnistía”, declarada nula polo Tribunal Supremo de Xustiza. O intento de imposición do “Revocatorio” sen cumprir os prazos e normas legalmente establecidos. No plano externo son ataques como a renovación do “Decreto Obama” que declara a Venezuela unha “ameaza inusual e extraordinaria” para os intereses dos EEUU. Os recentes intentos do secretario xeral da OEA, Luís Almagro, de aplicar a “Carta Democrática InterAmericana” contra Venezuela poñendose ao servicio dos intereses dos EEUU e da dereita venezolana e internacional. O grupo de presión de ex-presidentes da dereita internacional da catadura de Aznar e do narco-terrorista Álvaro Uribe que sen rubor algún instan a intervir en Venezuela.

Rexeitamos enerxicamente calquer tipo de intervención militar foránea ou golpe de Estado que atente contra a soberanía da República Bolivariana de Venezuela. Esiximos dos partidos e gobernos do Estado Español cesen na súa política inxerencista e desestabilizadora respecto de Venezuela.

Convocamos aos movementos e organizacións sociais e políticas de Galiza para xuntos esixir VENEZUELA RESPÉCTASE.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: