A veciñanza do Barrio de Teis tomaron as rúas novamente

ilcanallarubens_manifestación veciñanza teis_00_2016_Vigo

A veciñanza do Barrio de Teis, na tarde de onte as 20h saiu novamente a rúa desta vez en manifestación, un centenar de vecinos sairon desde a encrucillada dos Caños até a entrada principal da ETEA.

Con esta nova mobilización trátase da segunda despois da concentración de hai unas semanas, esta manfestacion que realizan dentro da campaña iniciada contra o abandono do espazo da ETEA. “Imos seguir insistindo en defender os terreos”, adiantan, reivindican a apertura da piscina, o mantemento do parque e do paseo, a colocación de papeleiras, instalacións duns aseos públicos e a limpeza da vexetación dos terreos entre outras tantas cousas máis.

Na actualidade a asociación vecinal de Teis leva recollidas xa 2800 sinaturas, contra o abandono da ETEA e esixindo das administracións Concello de Vigo e Xunta de Galiza, que actúen nestes terreos de imediatamente.

O Concello desexa inutilizar a piscina da ETEA, os veciños ven nesa acción por parte do Concello o colmo e entenden que sería un despropósito e unha forma de non aproveitar o investimento feito no seu día, ao existir xa a instalación, os veciños na manifestación berraron consignas como “a piscina para nadar non para bailar“ “Caballero escoita Teis está en loita” “Caballero trapalleiro onde metes o diñeiro”. O lóxico din os veciños é que sería restaurar o que se deteriorou e poñela en servizo para toda a cidade.

Anxo Iglesias colleu o megáfono para dar fin á manifestación dicindo aos alí presentes que «Aquí se investiu diñeiro e prometéullenos un complexo deportivo, incluída a piscina ou unha especie de spa con auga salgada e agora non se fai nada. «É unha decisión política, non técnica, que non entendemos», asegura o secretario da Asociación Veciñal de Teis, «nos sentimos enganados» solicita «a paralización inmediata» do proceso de adxudicación das obras para cubrir a piscina.

Tamén comunicou aos veciños e veciñas que a recollida de sinaturas xa deron os primeiros froitos e a Xunta procedeu a desbrozar parte dos terreos e recoller o lixo. Con todo, a asociación considera insuficientes estas tarefas e sinala que durante o verán o número de veciños que acode a esta zona aumenta, polo que deben aumentalas.

O próximo punto recollida de sinaturas sera no cruce da cafetería Liberpool este mesmo sábado de 11:00 a 13:00 horas, este medio anima aos vigueses e viguesas achegarse para brindar o apoio ao barrio e esixir as instucións que arranxen o abandono que dende o 2002 leva sufrindo a ETEA.

Rubens Rocha

Video da manifestación

Fotografías da manifestación

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: