Ence cre que Lores “persiste nos seus erros” e sinala que non pode denunciar ante a UE a prórroga da fábrica

ilcanallarubens_ence desde Poio_Vigo_2016

O grupo difundiu un comunicado en resposta ás declaracións do alcalde de Pontevedra, que este martes desvelou que o concello estuda denunciar ante o Tribunal da Competencia da Unión Europea a prórroga concedida polo Goberno en funcións á empresa pasteira para que continúe outros 60 anos na súa actual localización en Lourizán.

No seu escrito, a dirección de Ence asegura que Fernández Lores “persiste nos seus erros” ao anunciar novos recursos contra a prórroga “a pesar dos reiterados fallos na súa contra” e asegura que o alcalde “oculta que non pode levar de maneira directa” a prórroga de Ence ante os tribunais europeos, xa que “só no marco dun proceso xudicial en España e en caso de vulneración do dereito europeo” podería elevarse ante o Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea.

“Ante as ameazas do Concello” de denunciar a prórroga de Ence ante as autoridades europeas da competencia, apunta a empresa, “é necesario poñer de manifesto que non existe posibilidade de que prospere tal denuncia por carecer de base xurídica”, posto que a prórroga da concesión está outorgada “conforme á lei”. “Ence cumpre os criterios da mesma e paga o canon correspondente polo uso dos terreos que marca a concesión”, subliñou.

“O ALCALDE DEBERÍA ADMITIR AS SÚAS DERROTAS”

“A concesión de Ence non pode ser levada polo Concello ante os tribunais europeos por moito que se obstine o alcalde de Pontevedra”, indicou o grupo, que destacou que “non se pode pretender abrir causas e denuncias baseadas en argumentos que non responden á realidade”.

Finalmente, o escrito conclúe afirmando que “o alcalde de Pontevedra debería admitir os os seus dúas recentes derrotas ante o Tribunal Supremo e non crear expectativas non realistas”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: