O Concello de Pontevedra denunciará a prórroga a ENCE ante o Tribunal da Competencia europeo

ilcanallarubens_ENCE ELNOSA_Vigo_2016

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) avanzou que o concello estuda denunciar a prórroga da concesión a Ence en Lourizán ante o Tribunal da Competencia europeo.

Segundo explicou o rexedor, a base deste recurso será o feito de que se lle outorgue permiso a unha empresa do sector para ocupar espazo público e outras compañías teñan que operar en espazos privados.

Con este anuncio Fernández Lores quixo demostrar que o goberno local non se desanima despois do revés xudicial que o Concello de Pontevedra recibiu do Tribunal Supremo, rexeitando dous recursos contra o Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal de Ence e a súa autorización ambiental integrada.

Lores avanzou que na estratexia do goberno local para que Ence abandone o seu emprazamento na ría xogará un papel fundamental a Unión Europea.

Polo momento, esta denuncia ante o Tribunal da Competencia europeo, atópase nunha fase inicial de preparación polo que Fernández Lores non quixo desvelar máis información sobre o seu contido.

“NON IMOS A DEIXAR DE LOITAR”

A sentenza do Supremo, na que chegan a cualificar de “obstinación” a postura do concello con respecto a Ence, serviu ao alcalde para asegurar que “máis obstinada vai ser” neste asunto. “Se houbese un superlativo de obstinación, estariamos aí”, espetou.

“Non imos deixar de loitar”, asegurou Fernández Lores en rolda de prensa. “Estarei a morrer ou afogándome e vou seguir dicindo que aí non poden estar”, reiterou.

O alcalde de Pontevedra expresou o seu respecto á decisión do alto tribunal, aínda que explicou que non comparte os criterios que marca o fallo xudicial porque faculta ás administracións para “saltarse as competencias municipais e facer o que queiran”.

Por iso, insistiu en que o consistorio pontevedrés seguirá recorrendo contra Ence “aquí, na Unión Europea ou onde sexa” porque o goberno municipal móstrase “convencido” de que a empresa debe abandonar a ría.

O PP PIDE A LORES QUE DEIXE DE FACER O RIDÍCULO

Pola súa banda, o Partido Popular de Pontevedra cualificou como “lamentable e vergoñoso” que o goberno municipal da capital continúe acudindo á vía xudicial para impedir a continuidade de Ence.

“Lores debería deixar de enredarse con preitos inútiles que nos custan diñeiro a todos e que encima deixan en ridículo ao goberno local ata o punto de que o Tribunal Supremo dálle un tirón de orellas por terxiversar sentenzas”, asegurou o portavoz popular, Jacobo Moreira.

O PP de Pontevedra instou a Lores a unirse aos que “esixen a Ence compromisos, investimentos e emprego para Pontevedra”, algo que xa se recolle no pacto ambiental entre a Xunta e a compañía.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: