A Autoridade Portuaria de Vigo abre expediente ás estibadoras ante un posible incumprimento nas contratacións

ilcanallarubens_Porto-de-Vigo_Vigo_2016-758x505

A Autoridade Portuaria de Vigo (APV) abriu un expediente informativo ás empresas estibadoras ante un posible incumprimento da norma que rexe as contratacións, a partir do que determinará, se as houbera, “posibles responsabilidades”

Nun comunicado, o Porto indicou que a Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante obriga a “todas as empresas estibadoras” a contratar un número de traballadores da Sociedade Anónima de Xestión de Estibadores Portuarios (Sagep) que se corresponda, “polo menos, ao 25% da actividade da empresa no seu cómputo anual”.
É neste marco que, sinalou, o Porto vigués solicitou á Sagep que remitise información respecto diso das contratacións, datos a partir dos que apuntou que “as empresas estibadoras poderían incumprir esta obrigación”.
Por iso, abriu un expediente informativo a fin de determinar posibles responsabilidades, o que podería ser, engadiu, un paso previo a abrir un expediente sancionador, xa que un incumprimento da norma constituiría unha “infracción grave” de acordo ao tipificado pola lei.
Rubens Rocha
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: