A Xunta Local do PP de Vigo apoia a celebración do Congreso Local despois das eleccións autonómicas

060716-Junta-Local-PP-de-Vigo-758x426

A decisión adoptada será trasladada ás xuntas provincial e rexional. O presidente local, José Manuel Figueroa, explica que despois da campaña autonómica “quedarán aínda dous anos e medio para que a nova Xunta configure un proxecto sólido, de futuro e próximo aos intereses de Vigo e dos vigueses”. 

O Partido Popular de Vigo celebrou pola tarde unha Xunta Local na que se acordou, por unanimidade, apoiar a proposta da dirección de celebrar o Congreso Local despois das eleccións autonómicas do próximo mes de outubro.

Esta decisión responde a unha cuestión de prazos xa que, no caso de convocarse agora, o Congreso non podería celebrarse antes de agosto.

“Consideramos que este non é un mes adecuado para abordar un Congreso fundamental para o futuro do PP e da Cidade, onde sentarán as bases dun proxecto que xa está a resultar ilusionante e atractivo para miles de vigueses”, explicou o presidente local, José Manuel Figueroa.

Así, e tendo en conta que no mes de setembro os intereses do Partido Popular estarán centrados xa no inicio da precampaña electoral, con vistas ás autonómicas, a Xunta apostou por afrontar o Congreso tras esta cita electoral.

Un Congreso, apunta o presidente local, “aberto, con debate de ideas e propostas para achegarnos ás necesidades da cidade”. Así, proseguiu , despois das eleccións autonómicas “quedarán aínda dous anos e medio para que a nova Xunta que salga elixida configure un proxecto sólido, de futuro e próximo aos intereses de Vigo e dos vigueses”. O acordo alcanzado esta tarde será trasladado ás xuntas provincial e rexional para o seu coñecemento.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: