As vítimas do Alvia piden a dimisión de Ana Pastor

ilcanallarubens_victimasangroisalviabruxelas-758x426

A investigación de Angrois non foi independente e obviou “elementos crave”

Tras coñecer o informe da Axencia Ferroviaria Europea, o presidente da Plataforma de Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, pide a dimisión da ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, porque, asegura, “mentiunos na reunión ás vítimas e os familiares, díxonos que si había unha comisión de investigación independente”.

O xoves pola tarde, representantes das vítimas, acompañados pola eurodeputada do BNG Ana Miranda, tiveron acceso en Bruxelas a un documento listo desde o mes de marzo, pero que sufriu “presións do Goberno español para que non saíse á luz”. Nel, a Axencia Ferroviaria, conclúe que a investigación non foi independente e que se sinalou directamente ao maquinista, “o ultimo elo dunha cadea de neglicencias e de chapuzas”. “Vén a confirmar o que vimos denunciando desde fai tres anos, toda esta falta de independencia por partre do Goberno”, afirma Jesús Domínguez. “É demoledor e triste que teñamos que vir a Bruxelas tres anos despues, tras loitar moito para conseguir esta obxectividade e profesionalidade”, lamenta.

O seguinte paso para a plataforma será entregar este informe no xulgado que leva o caso, solicitar unha investigación independente e esixir á ministra a súa dimisión. “Ela dixo no tema de Vueling que non basta con pedir perdón. Preguntámonos que vai facer a ministra tras coñecer este informe”, cuestiona Domínguez.

O documento recibido polas vítimas insta o Goberno de España a iniciar outra investigación para esclarecer as causas do sinistro: “a propia Axencia (Ferroviaria Europea) ofrécese a axudar ao goberno español, a poñelo en contacto con expertos ferroviarios independentes para esta investigación”.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: