O avogado do maquinista do alvia incorporásese á causa do informe de Bruxelas

ilcanallarubens_Maquinistaalbia

O avogado do maquinista do Alvia sinistrado, Manuel Prieto, apuntou este venres que incorporará ao caso que investiga xudicialmente o accidente de Angrois de 2013

O avogado do maquinista do Alvia sinistrado, Manuel Prieto, apuntou este venres que incorporará ao caso que investiga xudicialmente o accidente de Angrois de 2013 o informe de Bruxelas que conclúe que non foi independente a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), posto que apunta que “non se pode determinar que hai unha única causa” e que non se analizaron elementos “fundamentais e raíz“.

Así o indicou Manuel Prieto, quen destaca que o informe da Axencia Ferroviaria Europea “deixa en moi mal lugar ás autoridades españolas” ante a falta de neutralidade das investigacións, porque “pasaron de todo” e “non se investigou de verdade”.

A Audiencia Provincial da Coruña ordenou en maio reabrir a instrución que investiga as causas do accidente do tren Alvia en contra da decisión do xuíz, Andrés Lago, que o pasado outubro pechou a investigación xudicial co maquinista, Francisco Garzón, como único imputado.

Por iso, agora o avogado do maquinista, do mesmo xeito que prevén facer as vítimas, achegará este informe á causa, pois “ratifica o que todas as partes defendían menos o xuíz e o fiscal“, e que agora a Audiencia manda investigar de novo, como son as causas máis aló do erro humano, de forma que “non se avaliaron” os riscos que existían.

Así, considera que con este informe incídese en que non se investigou o “risco intolerable” que existía na curva da Grandeira, e que un erro humano “non pode ser que non estea cuberto por tecnoloxía” que o impida.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: