Pachi Vázquez avergonzase pola brecha aberta no PSdeG

ilcanallarubens_pachi vazquez

Pachi Vázquez escribe que “desde fai cinco meses non existe PSdeGalicia, existe o Partido Socialista de Ferraz en Galicia

No PSdeG non paran de entrar nomes nas ‘trincheiras’ saídas á luz pola disputa interna pola designación do senador. Aos críticos coa xestora súmase agora o ex secretario xeral. Na súa conta de Twitter, Pachi Vázquez escribe que “desde fai cinco meses non existe PSdeGalicia, existe o Partido Socialista de Ferraz en Galicia. Comité Nacional Galego desaparecido. Vergoña”.

O enfrontamento aberto nace de que a dirección do Grupo Socialista, encabezada por Patricia Vilán, rexistrou a proposta de Modesto Pose para senador, que xa fora elixido para este posto tras as eleccións do 20 de decembro. Dita proposta está avalada pola xestora que dirixe Pilar Cancela e pola directriz de Ferraz de que non haxa cambios en deputados e senadores.

Con todo, gran parte do Grupo -incluídos deputados próximos a Pachi Vázquez- propuxera que ese cargo fose para o coruñés José Luis Méndez Romeu, quen perdeu as primarias contra Xoaquín Fernández Leiceaga.

Este mesmo venres, os deputados que impulsaron a candiadtura de Méndez para o Senado pediron a “dimisión” de Vilán por rexistrar a candidatura de Pose ás 12:36 horas, cando se desenvolvía a reunión convocada para abordar esta cuestión e que a xestora do partido defende que unicamente era a título “informativo”, porque a competencia é súa.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: