Rueda avoga por elixir ao novo líder do PP vigués “canto antes”

ilcanallarubens_Alfonso-Rueda_2015_Vigo-758x505

Para o presidente do PP provincial, Alfonso Rueda, é a agrupación local a que ten que decidir cando se convoca o próximo congreso local, no que se debe elixir o presidente dos populares vigueses, cargo no que José Manuel Figueroa leva un ano en funcións. A el gustaríalle ” que fose canto antes”, aínda que insiste en “non mesturalo” coas autonómicas pero evita dar a data da nova elección.

Antes da xunta directiva provincial do PP, que presidiu en Vigo xunto a Alberto Núñez Feijóo, Rueda mostrouse contrario a “cando hai un esforzo electoral, sumar o que supón un congreso” e abriu a posibilidade a que se celebre antes. “Desde logo, este ano ten que ser” , remarcou.

Cuestionado sobre se prefire que haxa unha única candidatura, indica que “o que interesa” é que o partido salga “máis forte”, pero “iso non necesariamente pasa sempre porque haxa unha candidatura”, senón porque quen decida encabezar o partido “fágao sabendo a responsabilidade para a que pide a confianza”. A falta de rivais, a favorita é a portavoz municipal, Elena Muñoz, aínda que este blogue ten constancia que hai militantes no PP vigues que non ven con bos ollos a continuidade de Elena Muñoz.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: