Segundo a OMS Vigo cumpre coa taxa recomendada en donazóns de sangue

ilcanallarubens_Dona-Sangue-en-Vigo_Vigo_2016-758x426

A cidade rexistrou 12.768 doantes o ano pasado – Son 43 por cada mil habitantes

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) rexistrou o ano pasado en Vigo un total de 12.768 doazóns de sangue. Isto supón que compartiron a súa saúde 43 de cada 1.000 vigueses. A cidade cumpre así cos parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Baixo o lema “Sumar. Doa sangue”, a ADOS organiza este verán unha campaña nas sete cidades galegas co obxectivo de garantir as necesidades de compoñentes sanguíneos nos hospitais galegos, que necesitan 10.000 doazóns cada mes para atender aos enfermos.

Catro das 10 doazóns que se realizan en Galicia prodúcense nestas metrópoles. Só A Coruña e Lugo non cumpren coas taxas recomendadas pola OMS, ao situarse por baixo das 40 doazóns por cada 1.000 habitantes.

Para doar en Vigo pódese acudir ao pavillón 4 do Hospital Nicolás Peña en horario de luns a venres de 8 a 22 horas e os sábados de 8 a 15 horas, con aparcadoiro gratuíto noparking de Pintor Colmeiro. Ademais, o luns haberá unha unidade móbil en Sanxurxo Badía nº 200, xunto á parada do autobús, de 15.30 a 21 horas.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: