As terrazas da cidade de Vigo: un ben comunitario ou un pesadelo comunitario?

terrazavigo_lavozdegalicia_2016

Bueno despois das escobas imos desmontar outro mito do concello de Vigo

Segun Abel Caballero o de non facerlle pagar aos locais hostaleiros a parcela que okupan na via publica é para axudarlles no seu negocio, di que é para xerar economía, isto dito pola miña o podran comprobar nas santas hemerotecas como tamén no seu programa de LOCALIAVIGO, pero hai que lembrarlle a ABEL CABALLERO que as terrazas só achéganlle en ganancias un 20% de media en todas as partes da cidade de Vigo, agora ben, fágolle unha pregunta se quere axudarlle aos locais hostaleiros porque NON LLES PAGA CON DIÑEIRO PUBLICO para que os cidadáns desempregados sen axudas poidan gozar das terrazas?, bo iso un sarcasmo pola miña banda. Os empresarios deben pagar si ou si o espazo okupado nas beiraruas tal como di o dito popular: o que teña tenda que atenda senon que a venda.

Por outra banda o concelleiro socialista Carlos Font o concelleiro de seguridade descoñece as denuncias dos cidadáns e cidadás ao respecto do abuso das terrazas, dicirlle ao señor Font que se ten que ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro, ahhh e verdade que ainda o grupo municipal socialista ainda non foi ao hospital so lle gustan pisar as glorietas do acceso ao hospital para facerse a foto co hospital de fondo, dicirlle ao señor Font que se ten que ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro a facers as probas para ver se sofre de Alzeimer xa que son públicas as denuncias xa que moitos e moitas viguesas chamaron ao programa de LOCALIAVIGO “Vigo de Cerca” o programa do seu xefe denunciando o tema das terrazas, ademais diso teño constancia que no portal web do concello de QUEIXAS CIDADÁS E DENUNCIAS CIDADÁS moitos vigueses e viguesas cursaron numerosas denuncias, unha cousa é que fai o concello con elas, ao parecer o devandito no Pleno Municipal NON as toman en conta.

Volvamos con Abel Ramón Caballero, o amante das humanizacións, segundo o as beirarrúas que puxo con ese tema chamado humanizar son mais amplas e pódenas gozar todos os públicos, cando pois iso é falso, eu vivo nunha confluencia de locais hostaleiros onde pois o transitar pola beirarrúa é un pesadelo ata o punto de ter que invadir a estrada para o só feito para dirixirme á miña vivenda poñendo en risco a miña integridade física miña, se eu teño problemas para acceder con 33 anos que teño non vexades todos vostedes as persoas de avanzada idade que teñen que transitar para acudir ás súas casas e máis aínda aínda cando este sector cidadán ten que ir ao supermercado facer a compra co seu carriño, e non falar das persoas con dificultades físicas especiais. E por non falar que pasadas as 10:30 da mañá o ruido que fan os clientes nesa confluencia de locais hosteleiros que onde están fan efecto autofalante estendendo o ruido dos clientes as rúas próximas a confluencia.

Abel di que Vigo é unha cidade na que é accesible para todos os públicos cando a semana pasada unha cidadá fixo un percorrido desde Teis cara a Samil andando onde observo que iso que é unha cidade accesible para todos os públicos é totalmente falso xa que exclúe ao publico máis sensible, no devandito traxecto tardo 2h e pico no que se atopou salvagardar as terrazas, beirarrúas rotas, beirarrúas estreitas, banzos moi altos e un longo etc.

Bueno o denunciado pola miña banda «non só pasa na zona onde vivo senón isto o véxo en moitos barrios da cidade onde teño que acudir a facer traballos».

Agora poño un exemplo, se pos unha tenda de acampada en plena beirarrúa ou parque veñen os locais e fancha levantar xa que pois estas okupado espazo público e se te revelas te sancionan, só por unha tenda de acampada pero iso se, se un hostaleiro pon en vía pública un pechado ao mais estilo carpa do Alcampo de sección de xardín poñendo unha televisión a todo volume ou poñer aparellos alimentados con gas e acumulando moita xente no exterior os locais pasan SEN facerlles unha visita.

O concello de Barcelona recentemente regulou a okupación de vía pública por parte dos hostaleiros que ao principio o tomaron mal os empresarios e empresarias pero ao final VIRON que o que facían estaba mal e entraron en razón.

Abel se lle das a man che collen ata o hombreiro, regulacion das terrazas xa!

Rubens Rocha

Esta critica vai por este artigo da Voz de Galicia co titular do 5 de Xuño de 2016:

Denuncian que hostaleiros do centro converten terrazas en recintos fixos.

O pé da nova viña a decir:

«Hai terrazas que instalan televisores e colocan estufas móbiles, algo que prohibe a ordenanza vixente», afirmou onte no pleno municipal o concelleiro do PP Miguel Fidalgo. Minutos despois, o portavoz da Marea, Rubén Pérez, reiteraba a existencia de ilegalidades neste campo. «Hai establecementos que as teñen montadas todo o ano e incluso con obra, aparafusadas ao chan, usando soportes de farois. Xa que logo, non se trata xa dunha terraza senón dun recinto de uso permanente que utiliza espazo público», explicou. E para que a denuncia non pasase desapercibida, citou dous casos concretos de senllos establecementos na Alameda e Montero Ríos.

O dato máis grave achegouno Fidalgo, sinalando que «hai estruturas ancoradas en fachadas de inmobles catalogados, algo que debería interesar á Xerencia de Urbanismo», afirmou mentres miraba á concelleira María José Caride. «¿Por que non se interesan por estes casos?», preguntouse en voz alta.

Coma se as súas palabras fosen premonitorias, estas denuncias foron ignoradas desde a bancada do goberno municipal. Tras Fidalgo e Pérez fixo uso da palabra o concelleiro socialista Carlos Font, portavoz e responsable de Seguridade, quen fixo como que non oíra a denuncia destes dous establecementos, o mesmo que o resto dos seus compañeiros.

Os problemas con terrazas da zona foron expostos en varias ocasións pola asociación de veciños da Alameda, que se queixa igualmente de que non atopa eco algún no goberno local, ao que acusan de permitir esta situación.

Toldos perigosos

Para a oposición popular, é o propio gremio de hostalería «o que pide control e seguridade xurídica; e si non o hai, existe descontrol e inseguridade». Fidalgo sinalou tamén o incumprimento en moitos casos da esixencia de corredores dun mínimo de 1,2 metros para a circulación peonil.

Postos a sinalar irregularidades e incumprimentos da ordenanza, Pérez puxo un exemplo persoal. «O previsto é que os toldos teñan unha altura de polo menos 2,20 metros, pero eu, que mido algo máis de 1,90, doume con eles. Talvez é que as persoas altas non deben ir polos sitios onde hai toldos de terrazas», ironizou.

En ton serio, aludiu ao que considera a esencia do problema: «Si queremos que se levanten terrazas permanentes temos que cambiar a ordenanza».

No debate non quedou claro cal é o posicionamento da oposición, que se limitou a denunciar o incumprimento dunha norma municipal elaborada polo actual goberno, que non se decide a cambiala. «Nós ofrecémonos a sentar a todas as partes para buscar o consenso», ofreceu Fidalgo, sen que o goberno local tomase nota das súas palabras.

A súa tese é que é «necesario conxugar os intereses dos veciños, o dereito ao descanso, co dos hostaleiros, que buscan rendibilidade económica». Por iso, reclamou un marco normativo «máis amplo, que conjugue o goce da cidade e ofreza flexibilidade para os cambios que acontecen».

O goberno local anuncia unha nova ordenanza, pero vota non ao plan do PP de elaborala

A maioría socialista tombou onte a moción presentada polo PP de redactar unha nova «ordenanza de terrazas, veladores e instalación de mobiliario urbano consensuada con comerciantes e veciños». «Saiban os cidadáns que está previsto mellorar a actual ordenanza con consenso cos traballadores e empresarios, unha norma que se axuste á realidade e dea seguridade xurídica», explico Carlos Font. Uns minutos despois de recoñecer que estaban a facer o que os populares reclamaban votaron en contra para sorpresa xeral.

No marco desta actividade, o portavoz socialista recalcou que a decisión do goberno socialista anos atrás de instalar táxaa cero nas terrazas (deixou no 5 % o importe do pagamento ao Concello) ha ter un éxito excepcional «e detivo a caída de emprego no sector».

Ao seu xuízo, a ordenanza en vigo, do ano 2008, «é mellorable, e vostedes saben que os imos facer e queren apuntarse un tanto», razoamento en aparencia destinado a xustificar o voto en contra a unha proposta coa que están de acordo.

Respecto da creación de emprego pola proliferación de terrazas, desde a oposición cuestionouse. «É discutible que se produciu», terció Rubén Pérez. «Escoitei casos de establecementos con terrazas pequenas que agora son moito maiores, pero séguenas atendendo os mesmos traballadores, co que se avanzou en precariedade e peores condicións, pero nin moito menos na creación de empregou», sinalou.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: