A confluencia manterá a marca “En Marea”

ilcanallarubens_martiño-noriega_compostela-758x426

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, subliñou que existe “un consenso amplo” de que a “marca En Marea está consolidada” e que “vai ser a marca coa que se vaia ás eleccións autonómicas“, á marxe de que “outra cousa é que se importen metodoloxías das mareas municipalistas e liñas programáticas para o debate”, como son as do espazo político de Mareas en Común.

“Pero a marca En Marea está moi consolidada e a xente sabe que é un proceso plural e non de pensamento único, e, neste sentido, non vai haber ningún tipo de problema”, remarcou o rexedor da candidatura de confluencia Compostela Aberta, quen destacou como positivo a resposta que recibiu de partidos políticos e da propia asemblea de Mareas en Común.

En canto aos prazos, despois de que Noriega marcase agosto para ter encamiñado o proceso e de que o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, evitase fixalos, o alcalde de Santiago indicou que “todos son conscientes de que os tempos son moi limitados” e, nese sentido, afirmou que “hai unha vontade de poñer en marcha o proceso na súa fase final”.

“Máis aló das opinións persoais, co que quedo da fin de semana é o retorno das organizacións políticas e do espazo de Mareas en Común” ás propostas dos alcaldes (o manifesto dos rexedores de Ferrol, A Coruña e Santiago), dixo, antes de asegurar que “verdadeiramente se comparte esta folla de ruta para poder ter unha cronoloxía, un programa e un procedemento para elixir o candidato”.

Preguntado por se teme contradicións, descartouno. “Non porque, tal e como vai camiñando o calendario, pouca marxe queda para que existan contradicións. Estamos abocados a ser operativos e resolutivos, a poder compatibilizar os procesos das mareas”, sentenciou.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: