As vitimas do Alvia piden verse con Ana Pastor canto antes

ilcanallarubens_ministra-Fomento-funciones-Ana-Pastor_98001770_722483_1706x960-758x426

A Plataforma Vítimas Alvia 04155 presentará no Ministerio de Fomento unha carta na que solicitan unha nova reunión con Ana Pastor

A Plataforma Vítimas Alvia 04155 presentará no Ministerio de Fomento unha carta na que solicitan unha nova reunión con Ana Pastor. As vítimas acusan á ministra en funcións de mentirlles “persoalmente” nas reunións mantidas ata a data.

A Axencia Ferroviaria Europea deu a coñecer o xoves o informe elaborado polos seus técnicos onde se advirte da falta de independencia da comisión de investigación española sobre o accidente de Angrois. Tras o encontro en Bruxelas, a plataforma sinala á Ministra de Fomento, a quen reprocha a intención de “tapar as múltiples vergoñas do seu Goberno e do anterior” ou que “en realidade, é que vostede non se decataba do que ocorría á súa ao redor”, di a carta.

As vítimas citan na misiva palabras textuais de Ana Pastor no Congreso nas que defendía a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), á que atribuía “total independencia” e un labor “transparente e neutral”, a pesar de ser un órgano adscrito ao Ministerio de Fomento.

Na reunión pedirán, ademais, explicacións pola falta de información ás vítimas durante todo o proceso. Insisten en que a lexislación comunitaria obriga a informar“periodicamente as vítimas e aos seus parentes e se lles bridará a oportunidade de expoñer as súas opinións e puntos de vista durante a investigación e a posibilidade de facer observacións sobre a información dos proxectos de informes”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: