Carmen Santos fai limpeza de críticos na dirección de Podemos Galicia

ilcanallarubens_carmen santos_atlantico diario_2016

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, destituíu a tres membros da dirección do partido morado aos que integrara procedentes da lista afín a unha dos seus rivais nas primarias internas, a deputada electa Ángela Rodríguez.

Concretamente, trátase de Nicolás Legido, Luca Chao e José Manuel Pérez. A motivación que argüe Carmen Santos é a “perda de confianza para traballar con carácter executivo no proxecto”, segundo explica a propia Santos.

Ademais, apoia a decisión en “a intención de continuar coa liña de Podemos Galicia, votada polos inscritos o pasado mes de abril e garantir o correcto desenvolvemento do programa político”.

As destitucións prodúcense despois de que o xoves da pasada semana, unha maioría do Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia sacase adiante un texto, sen o voto e sen a presenza da súa secretaria xeral, que apoia o manifesto dos tres alcaldes das mareas a favor da unidade político e a creación dun espazo de confluencia entre o capital político de En Marea e Mareas en Común.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: