Martiño Noriega, alcalde de Santiago por Compostela Aberta e covoceiro de Anova

ilcanallarubens_Martiño-Noriega_Compostela_2016-758x505

Noriega, na Radio Galega, sobre a disposición de Beiras a encabezar En Marea para as galegas: “Non mo ten explicitado directamente”

Noriega, na Radio Galega, sobre a disposición de Beiras a encabezar En Marea para as galegas: “Non mo ten explicitado directamente”.

Martiño Noriega, alcalde de Santiago por Compostela Aberta e covoceiro de Anova, asegura na Radio Galega que Xosé Manuel Beiras non lle ten comunicado abertamente a súa intención de querer ser candidato á presidencia da Xunta pola futura En Marea para as autonómicas.

No espazo A Entrevista, cuestionado sobre a diposición de Xosé Manuel Beiras para ser o cabeza de cartel, o alcalde de Santiago dixo que “a min iso non mo ten explicitado“, e remarcou que “non mo ten explicitado directamente” e recoñeceu “que non entramos nese tipo de cuestións“. O que si indicou Noriega sobre Beiras é que “Xosé Manuel está a diposición do proxecto pero esa disposición pódese modular de moitas maneiras porque el (por Beiras) é unha persoa que está disposto a modulala“.  Tras asegurar que Beiras “non ten explicitado en ningún momento cal é a súa dispoñibilidade ou non”  engadiu que “a min me consta que el (por Beiras) está a favor do proxecto e que non é unha cuestión persoal, é unha cuestión do momento político“.

Sobre os nomes para encabezar a eventual candidatura para as autonómicas, Noriega lembrou que no manifesto subscrito por el e o resto dos alcaldes das Mareas se apostaba porque “o candidato saira dun proceso de consenso” e que por tanto non ían “adoptar unha posición” que condicione.

Así mesmo, respecto ao apoio que recibiu o manifesto dos alcaldes das Mareas, Noriega  díxose “moi satisfeito” aínda que non sorprendido.

No que atinxe aos tempos para concretar o proxecto paras eleccións galegas, e ao fío  do manifesto dos alcaldes das Mareas, lembrou  que a semana que entra contan reunir os axentes sociais para fixar unha data na que empezar a “concretar data e modelo de participación“.

E é que na opinión de Noriega, “teríamos que telo deixado, polo menos resolto, nun mes no que moita xente vai estar de vacacións pero que nós non podemos parar maioritariamente, como é o mes de agosto” e dixo que “canto antes mellor, polo menos orientado o que debe ser o programa de acción básica e o método de participación e un deseño máis ou menos de candidaturas pero iso vai depender un pouco dos primeiros pasos que deamos estas semanas en canto a ese lugar de encontro“.

Respecto á ampliación do espazo de En Marea, Noriega reiterou que “o espazo non está pechado, para nada” pero lembrou que o BNG “ten fixada unha posición” e Compromiso por Galiza tamén. “Outra cousa é“, aclarou, “que a nós nos consta que hai moita xente de Compromiso por Galicia a moita xente aglutinada arredor do Foro Galego  e do BNG que xa están colaborando de xeito activo nese proceso plural que son as Mareas“.

Na conversa, Noriega tamén falou das tensións internas no seo de En Marea para negar que temese a súa ruptura ao asegurar que “non estiven en ningún momento preocupado sobre que iso puidera acontecer“. Non obstante si admitiu “que estiven preocupado sobre que non se recuperara de algunha maneira un discurso do proxecto na súa globalidade e na súa policromía e se estivera, dalgunha maneira, marcando  discursos de parte“.

Feita esta admisión, Noriega dixo que “agora creo que conseguimos un punto de inflexión e estamos no momento de relanzar un proxecto e de estar á altura das circunstancias“.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: