O PPdeG desexa un novo informe sobre Angrois, pero non no Parlamento

ilcanallarubens_pedro-puy-portavoz-644x362

A Cámara autonómica non é o foro adecuado para unha comisión de investigación e rexeita inmiscirse no que ten que facer o Congreso

O portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, mostrouse favorable a que o Parlamento de Galicia pida a elaboración dun informe “incontrovertido” sobre as causas do accidente ferroviario ocorrido o 24 de xullo na curva da Grandeira, en Angrois, no que faleceron 80 persoas, pero insiste en que a Cámara autonómica non é o foro adecuado para unha comisión de investigación e rexeita inmiscirse no que ten que facer o Congreso.

A preguntas dos medios de comunicación en rolda de prensa, e despois de que se coñecese o informe encargado pola Comisión Europea sobre a investigación realizada pola CIAF, e que concluíu que non houbera imparcialidade e faltaban por analizar “elementos clave”; Pedro Puy repetiu en varias ocasións que as vítimas “teñen dereito” a contar cun “informe incontrovertido”.

Ademais, dixo que este sentir é o do grupo parlamentario co seu presidente á cabeza, Alberto Núñez Feijóo, e negou que haxa un cambio de postura no PPdeG. “Sempre falei que estabamos coa familias”, remarcou, antes de aseverar que “o que si é novo” é o informe da Axencia Ferroviaria Europea e o que di dese informe sobre os resultados da CIAF -Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios-.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: