Caballero culpa aos técnicos do atraso das obras de Balaídos

ilcanallarubens_obras-balaidos_00_2016-758x506

«Os cálculos iniciais dos enxeñeiros non eran os adecuados», dixo o alcalde

Á espera de saber si o atraso das obras de rehabilitación do estadio de Balaídos afectan ao comezo da liga, o alcalde vigués identificou onte, por primeira vez, o motivo do incumprimento dos prazos previstos. «Os cálculos iniciais dos enxeñeiros non eran os adecuados», asegurou en referencia á necesidade de reforzar as columnas de formigón que van suxeitar o novo peche e que ata agora soportaban as bañeiras de formigón que igualmente aguantaban a cuberta e que foron retiradas.

En calquera caso, Caballero non quere nin oír falar de que corran risco os partidos da UEFA agora que o Celta , tras unha década, logrou participar de novo nesta competición europea. Está convencido de que non vai pasar nada e que poderán celebrarse os partidos que lle correspondan, optimismo que se ratificará como acertado cando a final de mes acudan ao estadio vigués os inspectores da UEFA.

Os problemas que atravesa o recinto municipal teñen como causa a necesidade de compatibilizar as obras coa celebración dos partidos do equipo. Así vén facendo desde hai máis dun ano e así seguirá ata que finalice a reforma, nun prazo que ninguén acerta a definir pero que será maior que o inicialmente anunciado de agosto do 2017.

Elevado investimento

«Balaídos levaba 32 anos esperando e houbo que agardar a que eu fose alcalde para iniciar esta gran reforma», foi a súa resposta cando se lle mencionaron os problemas que se están xerando. «Eu preguntábame que había que facer cando caían cascotes. E o que había que facer é isto, o que estamos a facer Concello e Deputación, que estamos a investir 30 millóns de euros para rehabilitar Balaídos», sinalou.

Orgulloso do proxecto, o rexedor chegou a cualificalo de «inconmensurable», sinalando que «nalgúns sitios teñen que pechar [o estadio] case unha tempada para poder reformalo, trasladando o lugar de xogo dos equipos, pero aquí estase facendo sen afectar as competicións». Destacou que o único pescozo de botella é precisamente o actual, cando foi preciso esperar ao final da liga para retirar as bañeiras de formigón.

A falta de proxecto de iluminación pode afectar á retransmisión de partidos

As dúas torretas de iluminación situadas nos extremos da bancada de Tribuna deixarán de cumprir a súa función de iluminar o campo cando se instale o novo peche de aluminio azul, o que se producirá nas próximas semanas. O motivo, o peche que hai que colocar está moito máis voado e chega ao límite do terreo de xogo.

Desta forma, conséguese o efecto buscado de que a choiva deixe de ser un problema para os espectadores. Con todo, unha consecuencia engadida é que dificulta, practicamente impide, que estas torretas iluminen o campo.

As fontes consultadas próximas ao proxecto aseguran que a iluminación non foi tida en conta, o que ten contra as cordas ao club. A normativa da liga no relativo á iluminación é cada vez máis esixente, pensando sobre todo nas retransmisións televisivas. O último cambio consiste en reclamar aos clubs que a acendan aínda que os partidos se xoguen de día, e sempre hora e media antes da hora fixada para o seu inicio.

Nestas condicións, Concello e Celta terán que tomar decisións de inmediato, especialmente a pouco máis dun mes do comezo dunha liga que ten características especiais para o club. O fin de semana do 20/21 de agosto empeza esta competición, e tras o sexto posto do curso pasado busca repetir ou mellorar este éxito. E o 15 de setembro está fixado o primeiro partido da UEFA, que os afeccionados levan anos esperando.

Aínda que o Concello citou á construtora Copasa para acelerar o reforzo de columnas, ignórase si mantén conversacións co club para resolver o espiñento, e previsiblemente custoso, problema da iluminación.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: