Caballero pide un acceso a Buenos Aires desde a AP-9 igual que a ligazón do Gaiás

ilcanallarubens_Autoestrada-do-Atlántico_autopista-AP-9-AP9_ponte-RAnde_bos-aires_vigo_2016-758x426Humanizacións na rúa Llorente e nova fase en Rosalía de Castro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pedirá por escrito ao Ministerio de Fomento que habilite un acceso de entrada e outro de saída ao barrio de Buenos Aires desde a AP-9 en vista do convenio que asinou coa Xunta para construír unha ligazón desde esta autoestrada coa Cidade da Cultura, en Santiago.

En declaracións aos medios, Caballero informou de que enviará unha carta á ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, na que lle trasladará esta petición, que serviría para ir gratis pola AP-9 desde o centro da cidade ata o barrio de Buenos Aires, e que cuantificou nuns 5 millóns de euros.

O máximo mandatario local puxo en dúbida que Xunta e Fomento vaian achegar ” gratis” a Santiago 4,2 millóns de euros para conectar con “un lugar baleiro no que nunca hai ninguén”, en alusión á Cidade da Cultura.

Novas humanizacións

Trátase da primeira fase de reforma da rúa Llorente, que abarca desde Torrecedeira ata Pi e Margall, e dunha nova fase da humanización de Rosalía de Castro, esta vez desde a intersección coa rúa Canceleiro ata o cruzamento con Serafín Avendaño.

A humanización da rúa Llorente presenta un orzamento próximo aos 220.000 euros cun prazo estimado de tres meses de obras, tal e como apuntou o alcalde da cidade. A mellora contempla a renovación das redes de servizos, da iluminación e do pavimento, incluíndo a ampliación das beirarrúas. Tamén se instalarán bancos, entre outras cousas.

En segundo lugar, o orzamento de humanización de Rosalía de Castro ascende case a 880.000 euros para un prazo estimado de catro meses de traballos. A remodelación, como explicou Caballero, continuará os estándares das fases anteriores, con novo pavimento, novas redes de servizo e iluminación LED, ademais de bancos, xardineiras e máis de 230 metros cadrados de superficie verde. Ademais, levará unha nova glorieta no cruzamento con Serafín Avendaño, onde agora opera unha provisional.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: