‘Galiza, mellor sen touradas’ pide un referendo sobre o toureo

ilcanallarubens_touradas

A plataforma ‘Galiza, mellor sen touradas’ propuxo á Xunta realizar un referendo para abolir as corridas de touros e as súas derivacións, como capeas ou soltas de vaquillas, coincidindo coas eleccións autonómicas de outono.

Segundo sinalou a entidade nun comunicado, xa recolleron 345.000 sinaturas que piden a fin desta actividade en todo o territorio galego. Ademais, aseguran que actualmente se trata de eventos moi minoritarios e existen 20 municipios en Galicia declarados “libres de touradas” e dúas deputacións comprometidas a non subvencionar estes encontros.

En concreto, a asociación apunta a que o ano pasado os gobernos locais da Coruña, Sarria e Padrón suprimiron as axudas ás corridas e as deputacións da Coruña e Pontevedra declaráronse “libres de corridas de touros”.

Así mesmo, tan só se manteñen unha capea de vaquillas en Valga (Pontevedra) e a feira da Peregrina na cidade de Pontevedra, que contará con catro xornadas este ano e que, segundo a plataforma, os promotores desta feira “tentan rehabilitar” con senllas capeas tras “estrepitosos fracasos”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: