Galiza perde ao escritor Agustín Fernández Paz e o ceo gañase un grande

ilcanallarubens_Agustín-Fernández-Paz_2016-758x426

O escritor lucense Agustín Fernández Paz, un dos máis recoñecidos da literatura galega contemporánea, faleceu hoxe no seu domicilio de Vigo aos 69 anos, segundo confirmaron desde a editorial Xerais

O escritor lucense Agustín Fernández Paz, un dos máis recoñecidos da literatura galega contemporánea, faleceu hoxe no seu domicilio de Vigo aos 69 anos, segundo confirmaron desde a editorial Xerais. O autor máis querido das letras galegas, é posiblemente un dos personaxes máis aprezados da nosa cultura, tanto pola súa bonhomía como polo seu compromiso inquebrantable coa lingua, coa cultura galega e con todas as causas xustas do planeta.

É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. En 2015 publicou tres obras, O segredo da illa Negra, A neve interminableAmizades secretas. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano.

Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, nos distintos niveis do ensino primario e secundario. Ademais desta dedicación á docencia, desenvolveu unha ampla actividade teórica e divulgativa, centrada en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social.

CONDOLENCIAS

Nun comunicado, a editorial Xerais expresou as súas condolencias polo falecemento do literato e o seu persoal mostrouse “profundamente entristecido” pola súa desaparición. “Con Agustín Fernández Paz, Galiza perde non só un escritor excepcional, senón un referente ético de primeira magnitude”, indica a editorial, para quen o “prestixio dos seus libros” deu a coñecer “en diversos países do mundo o valor da literatura infantil e xuvenil galega“.

As redes sociais milleiros de persoas lamentan a sua perda en moitas mostras de condolencias, este blogue tamén lamentase do seu falecemento, que a terra lle sexa leve.

Capela ardente 

A capela ardente será instalada na Sala 9 do Tanatorio de Pereiró (Vigo) a partir das 17.00h. Así mesmo, mañá terá lugar un acto na súa memoria no Salón de Actos do propio Tanatorio a partir das 19.00h. O corpo será incinerado e os seus restos trasladados a Vilalbra, a súa vila natal, onde se atopa soterrada a súa familia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: