Hoxe hai 195 anos. Vigo era a Capital da Provincia

ilcanallaruebens_o-verdaderio-vigo_vigo_2016

Un dia como hoxe o 13 de xullo de 1821 establécese en Vigo a capitalidade da provincia do seu nome

Un dia como hoxe o 13 de xullo de 1821 establécese en Vigo a capitalidade da provincia do seu nome, cuxa extensión territorial era igual á da actual provincia de Pontevedra. A revolución liberal de 1820 trouxo grandes cambios na división administrativa de España e Vigo destacou pola posición claramente progresista das súas autoridades nese momento. As sete antigas provincias do Reino de Galicia quedaron reducidas ás catro actuais, e a que é agora Pontevedra foi inicialmente Vigo, como queda dito, desaparecendo a de Tui.

Esta cidade elevou, sen éxito, repetidas protestas, ata o restablecemento do absolutismo, (invasión da península polos Pireneos dos 100.000 fillos de san Luis, enviados polo monarca Borbón francés para apoiar a Fernando VII) en 1823, perdendo entón Vigo a súa recente capitalidade.

O campión da capitalidade viguesa fué o deputado a Cortes don Javier Martínez, quen a defendeu con gran suma de argumentos económico-políticos na sesión do día 14 de outubro, ata obter a aprobación da súa proposta por unha gran maioría. O primeiro xefe político da provincia de Vigo fué don Joaquín Escario, sendo secretario don Juan Durán e intendente don Juan Recalde.

Ao Goberno Militar da nova provincia pasou con esta data o Brigadier da Armada don Ramón Romay. Creados por este tempo os Xulgados de Primera Instancia da súa nova estruturación, o primeiro que ocupou o devandito cargo en Vigo foi don Fernando Novoa.

13 de xullo de 1821. Xosé María Álvarez Blázquez. “A Cidade e os Días. Calendario histórico de Vigo” (Edicións Monterrey, 1960).

Na división territorial de xaneiro de 1822, realizada durante o Trienio liberal, establécense catro provincias en Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. A provincia de Villafranca del Bierzo, que incluía a comarca do Bierzo, tamén incluía a Comarca de Valdeorras, hoxe no extremo oriental da provincia de Ourense. Esta división deu lugar a problemas polos límites e as capitalidades, e co retorno do absolutismo en 1823, quedou sen validez.

En 1833 co decreto de Javier de Burgos estableceuse a actual división de provincias, onde se considera a Pontevedra a cidade máis idónea para ostentar a capitalidade da súa provincia por motivos xeográficos e históricos.

Fotografía. Folleto editado polo Concello de Vigo.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: