O Parlamento Galego non investigará as causas do accidente de Angrois

ilcanallarubens_angrois-644x362

O Parlamento de Galicia rexeitou cos votos do PPdeG unha petición realizada por parte dos grupos parlamentarios de BNG e de AGE para a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de tren de Angrois.

Antes do inicio da sesión, o deputado do BNG Francisco Jorquera pediu a palabra invocando ao regulamento parlamentario para solicitar unha alteración da orde do día e introducir o debate.

Tanto o Grupo Mixto, como AGE e BNG defenderon a proposta, á que tamén se sumou o Grupo Socialista. Por parte do Grupo Popular, Pedro Puy propuxo con todo o impulso a unha declaración institucional para demandar a creación dun informe “técnico” e “incontrovertido”.

“Quen vai a elaborar ese informe se non é unha comisión de investigación parlamentaria na que comparezan todos os responsables?”, preguntaba Jorquera. “Para que exista ese informe primeiro ten que haber unha comisión de investigación independente e incontrovertida, e a CIAF non o é”, replicó o portavoz do BNG.

Tras as queixas de Jorquera por esta proposta, Pedro Puy sinalou a súa disposición para trasladar por escrito a postura do grupo sobre o informe da axencia ferroviaria.

A pesar de todo, a proposta de alteración de orde do día quedou rexeitada por 39 votos en contra e só 34 a favor. O Grupo Popular xa avanzara o seu rexeitamento a esta e negara un cambio de postura no PPdeG, defendendo que sempre falou a favor de “as familias”.

O BNG, pola súa banda, insiste na necisidad do debate e considera a posibilidade de pedir un pleno extraordinario.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: