Periga a UEFA en Balaídos polo ritmo da obra de reforma

ilcanallarubens_obras-balaidos_01_2016-758x480

Celta e grupo municipal popular sinalan que os prazos se incumpren e que o estadio non superará así a inspección para poder disputar en casa a liga Europa

O Celta e o grupo municipal popular coincidiron onte en actos distintos na súa certeza de que as obras de reforma do estadio non estarán a tempo para o inicio da liga e que mesmo periga que o club vigués poida disputar a Europa Ligue en Balaídos.

Fontes da sociedade deportiva viguesa sinalaron que os inspectores da UEFA chegarán o 28 de xullo para ver a situación en que se atopa o campo e para validalo para a competición europea e advertiron de que a día de hoxe sería imposible que lle desen o seu visto e prace. No Celta hai convicción de que os traballos están a avanzar a un ritmo moi distinto ao anunciado: tería que estar preparada a bancada de Tribuna para poder acoller os espectadores co inicio da liga, en agosto.

No Celta tamén se advertiu de que o Memorial Quinocho estaría case imposible, xa que se disputa na primeira quincena de agosto.

Sobre este asunto, o arquitecto Pedro da Ponte, deseñador do novo Balaídos, indicou onte a preguntas deste diario que o operativo “segue máis ou menos o calendario establecido”. En todo caso, lembrou que a obra non estará terminada ata decembro e que o compromiso era ter para o inicio da liga “e aínda non se sabe cando comezará e se o Celta xoga ao principio en casa ou fóra”.

Pola súa banda o grupo municipal do PP mantívose na mesma posición que o Celta e asegurou en rolda de prensa que a bancada de Tribuna non estará lista en ningún caso para o inicio da liga, o 21 de agosto, polo “importante atraso” que acumulan as obras, “practicamente paralizadas”.

O edil popular tamén dubidou de se o Celta poderá xogar a Europa League en Balaídos ou se terá que desprazarse a outro estadio, en vista de que os inspectores da UEFA inspeccionarán o recinto unha vez conclúa a Eurocopa. Fidalgo criticou as “case inexistentes relacións” entre o Celta e o Concello, e remítese ao descontento expresado polo presidente, Carlos Mouriño, coas “falsas promesas” do goberno local sobre os terreos para o proxecto da cidade deportiva.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: