Podemos Galicia apura as súas asembleas provinciais e inicia contacto cos socios de En Marea

ilacanallarubens_rueda-prensa-carmen-santos-podemos-galicia_compostela_2016-758x455

Os contactos cos socios Anova Irmandade Nacionalista máis Esquerda Unida e para abrir a coalición de En Marea para as eleccións de outono en Galicia

Podemos Galicia avanzou este luns o seu calendario para realizar o proceso interno que defina o posicionamento sobre a fórmula de concorrencia nas eleccións autonómicas e sobre o que o documento político deixa aberta a posibilidade de concorrer en solitario, así como inclúe tamén unha aposta por unha En Marea máis aberta e democratizada no seu funcionamento.

En rolda de prensa na tarde de onte, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, indicou que esta mesma semana comezarán os contactos coas organizacións políticas da confluencia.

Durante todo o fin de semana haberá asembleas provinciais en xornada de mañá e tarde: nas cidades da Coruña e Lugo, o sábado; e en Vigo e Ourense, o domingo. Durante a súa intervención, reiterou que ten que ser a asemblea cidadá, tras os debates provinciais e o autonómico, a que se pronuncie sobre a fórmula de concorrencia, máis aló de que ela, a título persoal e como ata agora sostivo, apostase pola unidade popular como vía para presentarse ás institucións.

Carmen Santos insistiu en que teñen que “falar as bases” da organización e en que os documentos de Podemos Galicia din de forma “innegociable” que as candidaturas teñen que celebrarse por primarias. Preguntada por se ve incompatibilidade con que haxa un candidato ou candidata de consenso cunha ratificación por esta vía, manifestou que “depende de como se faga a ratificación”, isto é, para ela non podería impedirse que se presentasen outras candidaturas, independentemente de que esoutra persoa conte cun ou outro aval.

CONTACTOS

Os contactos dilucidarán a metodoloxía e mesmo cuestións como que censo votaría nesas primarias para a elección de candidaturas, xa que cada organización ten o seu e, ademais, tamén a propia En Marea ten un censo co que se celebraron as consultas dos procesos anteriores. Con Anova e Esquerda Unida, a secretaria xeral de Podemos Galicia ten previsto reunirse esta semana, entre este martes e mércores se as axendas permíteno.

Ademais, e ante a convocatoria anunciada dos tres alcaldes -Jorge Suárez (Ferrol), Martiño Noriega (Santiago) e Xulio Ferreiro (A Coruña)-, Carmen Santos ratificou que a súa organización acudirá a todos os chamamentos que se fagan desde a órbita da confluencia. Precisamente, preguntada sobre o manifesto subscrito polos alcaldes e no que se fai un chamamento de unidade dos procesos das mareas para conformar unha alternativa para as autonómicas, Carmen Santos indicou que aínda non abordaron se a proposta dos rexedores serviría para esa “democratización” que defenden de En Marea.

O pasado xoves, unha maioría simple, de 18 conselleiros autonómicos, votou un posicionamento, sen contar con Santos na reunión, no que aplaudían o manifesto dos alcaldes e apostaban por seguir esa liña para a apertura de En Marea, o que en síntese, aínda que sen mencionalo expresamente, supoñía incorporar a metodoloxía de Mareas en Común -o espazo municipalista auspiciado polas mareas locais, especialmente, Marea Atlántica-.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: