A asociación veciñal de Teis critica a paralización da cesión dos terreos do proxecto da “Cidade do Mar” na ETEA

ilcanallarubens_ETEA INSTALACIONS_2016

Esixe unha maior implicación do Concello e da Xunta

A Asociación Veciñal de Teis, ven a amosa o seu malestar e critica a decisión do pleno Consorcio da Zona Franca de Vigo, celebrado este pasado xoves, que non aprobou o convenio entre o Consorcio e a Xunta de Galiza para o desenvolvemento do proxecto da “ Cidade do Mar “ nos terreos da ETEA.

Dende a asociación veciñal queren criticar o papel de Abel Caballero, Alcalde de Vigo e presidente do pleno do Consorcio da Zona Franca, que estivo demorando desde fai meses a convocatoria do pleno do Consorcio e agora volta a paralizar a aprobación deste convenio para o mes de agosto.

A “ Cidade do Mar “, esta proxectada desde fai sete anos e impulsada pola Universidade de Vigo, que estivo realizando un gran traballo para por de acordo as diferentes administracións.

O pasado 3 de maio, Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, mantiveron unha xuntanza. Abel Caballero, afirmou que a xuntanza“serviu para darlle luz verde á nova dimensión e ao estabelecemento da universidade na ETEA”, comprometéndose a que o Concello levará esta proposta ao seguinte pleno do Consorcio e agora paraliza novamente o acordo, logo de meses de xestións.

Desde a Asociación, entenden que teñen que explicacións e tamén esixen un maior investimento da Xunta, no que non poden paralizar o avanzo do proxecto da “Cidade do Mar” nos terreos da ETEA.

Abel Caballero, mantén unha actitude irresponsábel, din desde a Asociación como tamén din que pon en perigo este proxecto que está pendente de solicitar subvencións.Os intereses xerais deben estar por riba, de egos e de intereses partidistas, engaden desde a asociación.

Para a Asociación Veciñal de Teis, o desenvolvemento da ETEA é unha prioridade na que non se pode permitir máis atrasos. É necesario o acordo e o entendemento entre as tres administracións (Concello, Xunta e Consorcio) implicadas no desenvolvemento da ETEA.

Abel Caballero, deberá preocuparse das súas responsabilidades e compromisos na ETEA, como o mantemento do paseo marítimo ou a apertura da piscina. No caso da piscina logo de investir diñeiro público, de anunciar a súa posta en funcionamento en varias ocasións agora quere cubrila.

Abel Caballero, Alcalde de Vigo, aínda non foi quen de reunirse coa Asociación Veciñal de Teis, para falar sobre as demandas e necesidades da ETEA, que lle corresponden ao Concello de Vigo.

Tamén agardan da Xunta de Galiza, non só xestos, é unha actuación máis decidida nos terreos da ETEA, a colocación de aseos públicos, cortar a vexetación en todo o recinto, o mantemento do parque público que non fique reducido só a limpeza.

A Asociación seguira denunciando o abandono dos terreos da ETEA, por parte de ambas administracións Concello e Xunta e reivindicando unha maior implicación nos mesmos.

Neste últimos meses a Asociación, realizou unha intensa campaña de denuncia do abandono da ETEA, coa convocatoria de dúas concentracións e a recollida de 3200 sinaturas entre a veciñanza para denunciar o abandono dos terreos.

Distribución dos espazos da ETEA

ilcanallarubens_distribucion de espacios dentro de la ETEA_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: