Apertura dunha Unidade de Lesionados Medulares en Vigo que exclúe aos Terapeutas

Ilcanallarubens_terapeutasVigo_2016

Comunicado da Plataforma de Terapeutas de Vigo

Desde a Plataforma de Terapeutas Vigo, ante as noticias da inminente apertura da Unidade de Lesionados Medulares en Vigo, situada no Hospital Meixoeiro, queren facer constar que:

1. Non se contou coa colaboración dos profesionais dos colectivos de fisioterapia, terapia ocupacional nin logopedia no deseño do funcionamento da Unidade.

2. Non se ampliou o cadro de persoal para o tratamento destes pacientes.

3. Non se asignaron profesionais específicos para o tratamento destes pacientes.

Tendo en conta que as terapias físicas melloran notablemente a calidade de vida destes pacientes, mellorando a súa autonomía e reducindo as súas necesidades de atención médica, o cal redunda nunha maior eficiencia do sistema sanitario, non entendemos que non se teña incorporado a ningún terapeuta neste proxecto.

Por todo o exposto, queremos facer constar que a Unidade de Lesionados Medulares de Vigo nace desde o primeiro momento deficitaria, sen a participación dos profesionais da fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional, o cal fai que a atención a estes pacientes resulte incompleta.

Os Terapeutas da Sanidade Pública de Vigo queren participar na mellora na atención destes pacientes dun xeito digno e adecuado as súas necesidades, polo cal solicitamos da Administración que nos inclúa como figuras imprescindibles no funcionamento desta Unidade.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: