GañaMos solicita que o Concello de Mos inste ao Ministerio de Fomento facer as pertinentes modificacións no trazado

ILCANALLARUBENS_antiga-estrada-VgoMadrid-coa-saida-da-autoestrada-AP9_2016-758x426

Do cruce que conforman a antiga estrada Vigo-Madrid coa saida da autoestrada AP9 no alto de Puxeiros no linde entre Vigo e Mos

O grupo municipal Gañamos solicita ao pleno que aprobe unha moción para que o Concello de Mos inste ao Ministerio de Fomento a realizar as pertinentes modificacións no trazado do cruce que conforman a antiga estrada Vigo-Madrid coa saida da autoestrada AP-9 no alto de Puxeiros.

Desde Gañamos manifestan que seria máis que superfluo argumentar esta solicitude xa que calquer conductor ou conductora que acotío circule por dito cruce seguro que sentiu a sensación de perigo ou incluso levou algun susto tendo que maniobrar para evitar unha colisión, máxime se o transito é nas horas de maior densidade de tráfico pesado.

É notorio e de todas coñecida a mala visibilidade do devandito cruce que aumenta a seu potencial risco de colisión pola alta velocidade de aproximación dos vehiculos que abandonan a autoestrada.

Cunha simple inspección visual in situ advírtese que o Ministerio de Fomento ten terreos expropiados ou afectado dabondo para acometer unha reforma que suprima este perigo para todas as veciñas e veciños que teñen que circular por dito cruce.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: