25 anos sendo puntos de encontro na cidade de Vigo

ilcanallarubens_25 anos nas ruas de vigo_os cabalos_o sereo_a porta do atlantico_Vigo_2016

A porta do Atlántico, o Sereo e os cabalos desde hai 25 anos forman parte da cidade tal como diriase no mundo dos matrimios al levar un tempo de casados cumpren as vodas de prata, sendo así uns puntos de encontro para os habitantes da cidade como para as persoas de fóra da cidade.

Estas esculturas ou monumentos como queiran vostedes chamalos foron pedidos a petición do goberno do ourensán Manuel Soto Ferreiro.

Algunhas persoas falan na cidade como a pegada de Soto e outras as pegadas do Partido Socialista Obreiro Español nas que eu me incluo nas dúas.

Os ornamentos no seu tempo tiveron moita controversia por parte dos cidadáns e cidadás de Vigo xa que algunhas as vían horripilantes e horteras como O SEREO e outras persoas opoñíanse a que puxesen OS CABALOS xa que na praza dos cabalos atopábase unha maxestuosa fonte que ao día de hoxe moitos cidadáns pregúntanse onde foi a parar, e hai unha lenda na cidade ca fonte maxestuosa que antes habia na praza atopase nunha propiedade privada… tamén houbo controversia pola PORTA DO ATLÁNTICO moitos vigueses e viguesas naquel entón non vían ben a mole de granito Rosa Porriño enriba dun túnel, dita fonte co paso dos anos tivo que ser reparada en numerosas ocasións polo excesivo peso da gran peza de granito xa que estaba afundindose no túnel.

Estes ornamentos da cidade foron postos mentres era alcalde Soto e outros polo seu antecesor no cargo Carlos González Príncipe.

Manuel Soto coñecido polos vigueses e viguesas por Soto, alcalde que estivo a gobernar a cidade desde 1979 ata 1991. É un dos fundadores do PSdeG-PSOE en Vigo durante o franquismo na clandestinidade.

Carlos González Príncipe coñecido polos vigueses e viguesas por Príncipe, un reputado pediatra da cidade, asumiu a alcaldía vindo do sindicato UGT, alcalde que estivo desde 1991 ata 1995.

O SEREO

O Sereo é unha obra de Francisco Leiro. Escultura situada na Porta do Sol da cidade. Anclada no medio da Porta do Sol e elevado sobre dúas columnas de granito negro pulido de máis de 13 metros de altura, eríxese sobre unha onda de aceiro inoxidable tal como a escultura en si, o Sereo foi así bautizado pola cidadanía aínda que para o escultor non o chama así, a escultura está orientada cara á rúa Carral que ao fondo divísase o mar tras o Real Club Náutico.

É a primeira escultura europea que se realizou en aceiro inoxidable. Escultura controvertida que entusiasma e irrita, pero que co tempo converteuse nun símbolo da cidade.

Aquí poden gozar dunha entrevista do seu creador no canle Localia Vigo no espazo A Entrevista do 14 de xuño do 2016 onde fala sobre a obra.

OS CABALOS

Monumento aos Cabalos é unha obra do escultor Juan José Oliveira Viéitez. Situado na Praza dos Cabalos tamén coñecida como a Praza de España. É unha escultura na que cinco cabalos ascenden por unha fervenza en espiral de case 20 metros de altura. Esta obra sorprende e non deixa impasible a todo o que a contempla xa que é unha das obras da cidade máis fotografada pola clase turista que visita a cidade xunto ao actual DINOSETO.

Esta escultura transmite tensión, dinamismo e expresividade. Un xogo de ritmos, curvas, espazos baleiros e superficies cheas de recunchos. É un símbolo da cidade e do exterior.

PORTA DO ATLÁNTICO

Monumento da Porta do Atlántico. Obra do gran escultor Silveiro Rivas. Obra que se localiza na Praza de América É unha obra que deixa pampos aos foráneos xa que se levanta no medio dun estanque circular de 38 metros de diámetro, a peza está realizada tal como dixen anteriormente nun granito Rosa Porriño de 14 metros de altura e de 427 toneladas, aínda que na cidade xa existía un monumento destas características co mesmo nome o cal se atopa no paseo de Montero Ríos aquí poden ler o artigo no que menciono este feito do Vigo dos orixinais e as replicas tal como eu o denomino persoalmente, esta gran porta representa unha homenaxe a América e ao océano Atlántico.

Rubens Rocha

 

Anuncios

Una respuesta a “25 anos sendo puntos de encontro na cidade de Vigo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: