A Plataforma SOS Meixoeiro irrompeu na Praza do Obradoiro no día da Patria Galega no acto do goberno da Xunta de Galicia

ilcanallarubens_sos meixo no dia da patria en compostela_2016_Compostela

SOS Meixoeiro volveu a rúa pero desta vez na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela diante da cúpula do Partido Popular

A plataforma SOS Meixoeiro acudiu no día de onte a Santiago de Compostela, aproveitando o día da patria galega, fixéronse visibles na praza do Obradoiro fronte á catedral de Santiago de Compostela ante a presenza de toda a cúpula do política do Partido Popular de Galicia que estaba a conmemorar o día de Galicia para eles.

Foron prudentes e pacíficos, xa que a zona levaba desde o sábado baixo un estrito control de seguridade e máis no día de onte, a plataforma a declaracións a este medio tiñan constancia de que non terían posibilidade de entrar con pancartas á Praza do Obradoiro pola mencionada seguridade que había nela. Con todo tiveron a astucia de coalas dentro da praza ingeniándoselas usando paus de escoba a modo de bastóns de pelegrinos e nas mochilas sabas de papel coñecidas realmente como mantas térmicas de invernadoiro.

Unha vez na praza, e ante a inminente saída das autoridades políticas do Partido Popular despregaron as sabas onde tiñan unhas mensaxes en formas de faixas que ataron nos bastóns de pelegrinos e empezaron a corear consígnalas que tan populares son pola cidade de Vigo como “Sanidade pública” “Vida para o Meixoeiro, rescate para o Cunqueiro” “Non non a privatización”… mentres isto ocorría na praza había un equipo da Televisión Publica Galega, TVG, no medio do seu directo conseguiron facerse máis visibles aínda poñéndose diante das cámaras.

O escrache pacifico ás autoridades políticas do Partido Popular foi un éxito así declaran desde a Plataforma en voz da súa vicepresidenta Anusca García.

A plataforma agardaron pacientemente ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a paciencia foi recompensada con fartura xa que volveron corear consígnalas apenas 5 metros del, ata que as forzas do estado interpuxéronse diante da plataforma cortando o seu paso.

Desde a Plataforma SOS Meixoeiro seguirán adiante vivos mentres sigan os recortes e as privatizacións na sanidade viguesa, así o manifestan a este medio.

Tamén manifestan que esperan o apoio de todos os que senten agredidos polas políticas austeras, privatizadoras e recortadoras do PPdG.

Hoxe a plataforma sente orgullosa de estar a conseguir os seus obxectivos marcados xa que nunca pensaron estar por encima das expectativas que están a desenvolver.

Fotografías da mobilización da plataforma SOS Meixoeiro

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: